Pestanas principais

O carril bici da avenida de Rosalía de Castro comezará a funcionar a partir deste luns 27 de abril

Mércores, 22 abril, 2026
A partir do luns, 27 de abril, estará operativo por completo o carril bici da N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro.

Lémbrase que, de acordo coa normativa vixente, queda prohibido parar, estacionar ou invadir dito carril.

Este espazo está reservado exclusivamente para a circulación de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal (VMP), polo que debe permanecer en todo momento libre de vehículos a motor e obstáculos, co fin de garantir a seguridade das persoas usuarias.

O incumprimento desta normativa poderá dar lugar á imposición das correspondentes sancións.

Multimedia