Pestanas principais

Do 15 ao 30 de xuño está aberto o prazo de renovación de praza na Escola Municipal de Música de Ames

Martes, 23 xuño, 2020
A Escola Municipal de Música de Ames abrirá o prazo de renovación de prazas para o curso 2020-2021 do 15 ao 30 de xuño. Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, ás alumnas e alumnos da Escola para a continuación dos seus estudos. Debido ás circunstancias xa coñecidas, a renovación realizarase preferiblemente a través da sede electrónica do concello. Pódese descargar o formulario de solicitude de renovación de praza ao pé deste aviso.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) abre un primeiro prazo de renovación de prazas para o próximo curso 2020-2021, dirixido aos alumnos/as que xa estiveron matriculados na EMMA este curso.

Só se poderá reservar praza na especialidade/as nas que a alumna/o estivo matriculada/o durante este curso 2019-2020, e no horario establecido ou previamente cambiado polo profesorado.

Desta maneira, todo o alumnado que non estea exento de pagamento de matrícula (véxanse as exencións no Artigo 7 da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música de Ames) recibirán un correo electrónico dos Servizos de Recadación do Concello de Ames, a partires do mércores 10 de xuño coa autoliquidación da taxa correspondente, e terán de prazo para o seu pagamento ata o 30 de xuño.

Ademais disto, para a renovación de praza todas as alumnas e alumnos deberán cubrir a solicitude anexa ao pé deste aviso e presentala pola sede electrónica do Concello de Ames, mediante solicitude dirixida á Concellaría de Cultura – Escola Municipal de Música de Ames.

Esta renovación tamén se poderá realizar a través doutro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Neste caso , para presentar a documentación de xeito presencial no rexistro municipal hai que solicitar cita previa para ser atendido, chamando ao seguinte número de teléfono:

  • Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro xeral de Bertamiráns: 696 650 173.

Pódese pedir cita a través deses teléfonos, ou enviando un correo a rexistro@concellodeames.gal/ registro@concellodeames.gal indicando o trámite que se desexa realizar e un número de teléfono para contactar.

Pagamento de matrícula

A contía da matrícula ordinaria vese reducida nun 50% para as alumnas e alumnos que renoven matrícula dun curso para outro. En caso de cambio nos datos ou perda do documento, deberán poñerse en contacto coa oficina de Recadación enviando un correo electrónico a ames@canaltributos.com, coa oficina da Escola de Música no Milladoiro a través do correo escolademusica@concellodeames.gal (en horario de 9.00 a 14.00 horas) ou chamando aos teléfonos 981 884 896 / 981 535 940.

Tamén se poderá facer a través da Oficina Virtual co certificado dixital ou co DNI-e, ou para os clientes de NCG banco a través da súa páxina, sen certificado.

Están  exentos de pago os usuarios/as, de calquera idade, que pertenzan a unha unidade familiar que teña uns ingresos inferiores ao IPREM vixente, así como os menores de 18 anos pertencentes a unha familia numerosa ou o terceiro ou restante membro dunha unidade familiar inscrita.

Asemade, contan con bonificacións os menores de 18 anos que pertenzan as familias con ingresos anuais netos por membro da unidade familiar inferior ao 50% do IPREM anual.

Para máis información, pódese poñer en contacto coa EMMA a través do correo electrónico escolademusica@concellodeames.gal ou a través do teléfono 981 535 940 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

 >>ACCEDE AO TRÁMITE DE RENOVACIÓN DE PRAZA NA EMMA PARA A CURSO 2020-2021

Multimedia