Pestanas principais

Amplíase o prazo de xustificación para as subvencións de promoción de actividades realizadas por clubs e asociacións deportivas

Luns, 28 setembro, 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves, 24 de setembro, ampliar ata o día 30 de outubro de 2020 o prazo de xustificación da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2019 por clubs e asociacións deportivas do concello de Ames.

O prazo remataba o 30 de setembro, pero decidiuse amplialo nun mes máis, ata o 30 de outubro de 2020. A contía destinada e esta convocatoria de axudas ascende a 75.000 euros. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 619 842 504 ou enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.