Avisos

Ex., 18-06-2025
Ex., 18-06-2025
Venres, 21 marzo, 2025
A andaina de Riamontes, organizada pola Aula da Natureza, prevista para este domingo, queda aprazada debido ás condicións meteorolóxicas que se prevén para a xornada. Deste xeito, a ruta realizarase o vindeiro domingo día 30. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.00 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.15 horas, do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Para calquera consulta, pódese contactar coa Aula da Natureza a través do enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
Xoves, 20 marzo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Planificación e Xestión Educativa, recorda que para o curso 2025/2026 entrará en vigor a nova ordenanza reguladora da taxa pola prestación dos servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral do Concello de Ames.
Xoves, 20 marzo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que se suspenden as actividades deportivas ao aire libre debido ás previsións meteorolóxicas adversas previstas para a tarde de hoxe. Así mesmo, tamén se suspende a andaina do programa "SaúdeAndo" prevista para a xornada de hoxe e que ía a desenvolverse na localidade do Milladoiro.
Venres, 14 marzo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 14 marzo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 12 marzo, 2025
A actividade de Paintball, do programa "Trouleando", prevista para a pasada fin de semana e adiada polas condicións meteorolóxicas, finalmente realizarase na tarde do vindeiro domingo 23 de marzo. Deste xeito, os participantes sairán en autobús ás 15.00 horas desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns e, ás 15.15 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro. O regreso será nas mesmas paradas e no Milladoiro realizarase arredor das 19.30 horas e en Bertamiráns ás 19.45 horas, aproximadamente. As persoas xa apuntadas na actividade teñen ata o día 13 de marzo para comunicar ao departamento de Mocidade, a través do correo electrónico, o interese ou non en participar nesta nova data proposta.
Martes, 11 marzo, 2025
O Concello de Ames informa que, con motivo do paso da proba deportiva BBT Transgalaica que terá lugar este domingo día 16 de marzo, haberá cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento na Avenida José Luís Azcárraga. Pódense consultar as restriccións completas no documento ao pé deste aviso.
Luns, 10 marzo, 2025
Quedan 10 prazas libres para o obradoiro de Batucada que organiza a Escola Municipal de Música de Ames para celebrar o seu 20º aniversario. Esta actividade é de balde e desenvolverase os días 15, 22 e 29 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas. Pode inscribirse calquera persoa interesada en participar, só é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta, que se pode descargar ao pé deste aviso, ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.
Venres, 7 marzo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 7 marzo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.