Avisos

Ex., 10-06-2024
Ex., 10-06-2024
Xoves, 16 maio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 16 maio, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 16 maio, 2024
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2024. O sorteo dos campamentos nos que se superou o límite de prazas realizarase o luns día 20 de maio no salón de plenos da Casa do Concello ás 12:00 horas. O resultado do sorteo e a lista de agarda publicarase o 21 de maio.
Martes, 14 maio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Secretaría, fai pública a valoración dos méritos presentados polos aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo do/a xerente da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames.
Luns, 13 maio, 2024
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 2 de maio de 2024 as bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo do exercicio 2024. A contía máxima desta liña de axudas ascende a 20.000 euros. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse ata o 10 de xuño. O importe individual das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria non poderá superar o 80% do proxecto subvencionable nin o límite máximo establecido segundo a categoría que corresponda ao centro ao que pertence a ANPA.
Venres, 10 maio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa de que o luns, 13 de maio, estará cortada ao tráfico a rúa do Pedregal, en Bertamiráns, debido ás obras que se están realizando nesta vía. Durante a xornada do día 13 executaranse traballos de fresado e asfaltado en dia rúa. Tratarase de facer estes traballos nunha única xornada, pero se non é posible, o corte de tráfico pode estenderse ao martes 14 e incluso ao mércores 15 de maio. Os vehículos poderán acceder aos garaxes, aínda que en momentos puntuais faranse cortes de acceso aos garaxes.
Venres, 10 maio, 2024
O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2023 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 80.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o pasado 4 de maio; polo que remata o 3 de xuño. Ao pé deste aviso pódense atopar as bases e os impresos de solicitude.
Venres, 10 maio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o 3 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2023, a contía total volve a acadar os 60.000 euros.
Venres, 10 maio, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 10 maio, 2024
O Concello de Ames informa da publicación do decreto desta Alcaldía número 1490/2024, de 10 de maio, a través do cal avocouse a competencia delegada na Xunta de Goberno local para a aprobación da listaxe de proxectos seleccionados para a súa pariticipación no Ames AV Lab - Laboratorio, para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames.