Avisos
Luns, 19 maio, 2025
O Concello de Ames abre dende o luns, 19 de maio, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova ou no apartado de trámites) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.
Venres, 16 maio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 16 maio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 15 maio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os resultados das correccións do segundo exame (cuestionario tipo test) e ditos exames nas versións en galego e en castelán do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.
Luns, 12 maio, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar na Foliada con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk, que se vai celebrar este venres, 16 de maio, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Será un encontro cheo de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións e, sobre todo, pasalo ben. Quen teña instrumentos tradicionais pode traelos para axudar a facer a festa.
Venres, 9 maio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 9 maio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2025-2026. Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula, que abrangue do 1 a o 16 de xuño, para formalizar a matrícula.
Venres, 9 maio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 8 maio, 2025
A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural informa que se adían as xornadas de plantas medicinais, previstas para o venres 9 e sábado 10 de maio, e que están incluídas na programación de primavera da Aula da Natureza.
Xoves, 8 maio, 2025
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025. O sorteo dos campamentos nos que se superou o límite de prazas realizarase o mércores, 14 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 19 de maio.
- ‹ anterior
- 2 de 137
- seguinte ›