Pestanas principais

As clases na Escola Municipal de Música de Ames comezan o xoves 15 de setembro

Xoves, 8 setembro, 2022
A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) informa de que as súas clases para o alumnado que reservou praza no mes de xuño comezan o vindeiro xoves 15 de setembro. Pola súa banda, está previsto que as clases para o resto de persoas que se están a inscribir por primeira vez na EMMA empecen na semana do 3 de outubro. O prazo para matricularse na EMMA remata tamén o propio xoves 15 de setembro.