Pestanas principais

A biblioteca municipal de Bertamiráns volve a abrir de xeito presencial dende este luns 14 de febreiro

Venres, 11 febreiro, 2022
Este luns 14 de febreiro a biblioteca municipal de Bertamiráns retoma a actividade presencial no seu espazo da Casa da Cultura de Bertamiráns. O servizo permanece pechado dende o pasado 10 de xaneiro, por mor das obras no centro sociocultural que afectaban aos accesos ao primeiro andar. Dende entón, o seu persoal atendeu a distancia e dende a biblioteca do Milladoiro, habilitando un caixón para permitir as devolucións na Casa da Cultura.