Pestanas principais

Preguntas e acceso á información

Preguntas sobre información municipal

  • Ademais da información que o Concello ofrece a través dos diversos medios xerais e dos seus propios medios de comunicación municipal, calquera persoa física ou xurídica poderá dirixir preguntas sobre información municipal en poder do Concello de Ames que fora elaborada ou adquirida no exercicio das súas funcións municipais. Para iso poderá:

    • Dirixirse presencialmente ou por teléfono ás oficinas de información cidadá ou aos diferentes departamentos municipais
    • Dirixirse por correo electrónico a:
    • Utilizar o formulario electrónico que se presenta abaixo.

      O correo de atención cidadá do Concello, o anterior formulario electrónico ou as redes sociais non son canles habilitadas, polo que as solicitudes presentadas por estes medios non formarán parte de ningún procedemento administrativo. Para iso deberá exercer o dereito de petición de acceso á información pública.

Petición de acceso á información pública
  • Calquera persoa poderá exercer o dereito de acceso á información pública sen que cumpra motivar a solicitude nin acreditar un interese lexítimo: só se require unha descrición precisa da información solicitada e a debida identificación.

    O exercicio deste dereito e o cumprimento das obrigas legais require a apertura dun procedemento administrativo a través dos seguintes medios:

    • Presencialmente nos rexistros municipais
    • De xeito electrónico, a través do rexistro electrónico da sede

      No caso da tramitación electrónica deste dereito, requírese as sinaturas dixitais dispoñibles na actualidade.

      Con carácter xeral, estas solicitudes tramitaranse no prazo dun mes, sendo o efecto do silencio desestimatorio.

      Calquera persoa que iniciara un procedemento de acceso á información e queira preguntar sobre o seu estado, pode dirixirse aos rexistros municipais, indicando o  nº de rexistro da solicitude.

      Pódese solicitar que se publique información de carácter público na páxina web municipal, formular algunha queixa ou suxestión ou aclarar calquera dúbida con relación ao dereito de acceso á información, pode facerse a través de suxestións, reclamacións e queixas.

Petición de acceso a arquivos e rexistros
  • Calquera veciña ou veciño ten dereito a acceder á documentación dos arquivos e rexistros municipais para informarse de actividades e asuntos de competencia municipal.

    O exercicio deste dereito e o cumprimento das obrigas legais require a apertura dun procedemento administrativo a través dos seguintes medios:

    • Presencialmente nos rexistros municipais
    • De xeito electrónico, a través do rexistro electrónico da sede

      No caso da tramitación electrónica deste dereito, requírese as sinaturas dixitais dispoñibles na actualidade.

      Con carácter xeral, estas solicitudes atenderanse no prazo dun mes e terá lugar en sede municipal e nun espazo axeitado. A data concreta deberá ser comunicada con tres días de antelación.

Normativa aplicable

Formulario petición de información

(o noso sistema de correo non soporta contas de hotmail)