Pestanas principais

Canle RSS

Benvida/o ao servizo de información RSS do Concello de Ames, que lle permitirá estar informado permanentemente dos avisos, actualidade e axenda municipal a través do seu navegador web ou do seu correo electrónico sen necesidade de conectarse á nosa páxina web. Pode ver abaixo máis información sobre RSS.
 
Pode subscribirse aos seguintes servizos RSS municipais:

Para engadir os RSS do Concello de Ames, debe copiar a ruta do contido que lle interese das anteriores canles e pegala na opción axeitada do navegador ou do xestor de correo electrónico. Para visualizar a información das RSS de xeito amigable no seu navegador, cómprelle instalar un lector de novas RSS. Podes ver abaixo máis información.
 
O Concello de Ames resérvase o dereito de suspender este servizo RSS en calquera momento.

Que é RSS?
 
RSS (Really Simple Syndication ou Rich Site Summary) é un formato de texto, baixo o estándar XML 1.0, utilizado para difundir titulares de novas e contidos por Internet dunha forma automática. Os arquivos RSS permiten coñecer as actualizacións dun sitio web dun xeito rápido e sinxelo; mostra un sumario cos contidos e noticias, sen necesidade de entrar no sitio web
 
Para isto necesitará ter instalado un programa lector de novas no ordenador ou no navegador.
 
Como subscribirse aos RSS no navegador
 

  • Se non o ten xa, instale un programa lector de novas RSS para o navegador, como, por exemplo, Feedbro (para o navegador Firefox) ou Feeder (para Chrome).
  • Unha vez estea instalado, aparecellera unha icona  á dereita da barra superior do navegador. Prema, e a seguir escolla "engadir nova canle". Será aí onde deba copiar a ruta do servizo RSS ao que desexa subscribirse (véxase arriba: RSS Avisos, RSS Actualidade, RSS Axenda).
  • A partir dese momento, a icona actualizarase automaticamente co número de novidades recibidas. Con premer na icona, poderá lelas.

 
Como subscribirse aos RSS no xestor de correo electrónico
 
Por exemplo, en Thunderbird, Ferramentas-Configuración de Conta-Accións da Conta-Engadir conta de fontes-Blogs e fontes de novas- Xestionar subscricións- Pegar o URL do servizo RSS ao que desexa subscribirse (véxase arriba: RSS Avisos, RSS Actualidade, RSS Axenda).
A partir dese momento, poderá visualizar as canles RSS a que está subscrita/o, que se actualizará automaticamente co número de novidades recibidas.