Pestanas principais

Solicitude de locais municipais para asociacións

O Concello de Ames dispón de diferentes espazos públicos con salas polivalentes que están a disposición das asociacións, agrupacións veciñais ou entidades que desexen utilizalos para o desenvolvemento das súas actividades. A solicitude dos locais municipais pode facela calquera asociación inscrita no Rexistro de Asociacións do Concello en nome do seu representante, ou calquera outra persoa do Concello de Ames.