No concello de Ames existen dous núcleos urbanos: Bertamiráns, que atopa dentro da parroquia de Ortoño, e O Milladoiro, que se encadra xeograficamente dentro da parroquia de Biduído.
Núcleos Urbanos
Nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro residen 22.451 habitantes, que representa o 69,42% da poboación total do concello. Por localidades:
- Milladoiro segue á cabeza do concello cun total de 13.435 habitantes censados (41,54% da poboación), dos cales 6.410 (47,7%) son homes e 7.025 (52,3%) son mulleres.
- Por outra banda, en Bertamiráns están censados 9.016 persoas (27,88% da poboación). Neste caso hai 4.316 (47,87%) homes e 4.700 (52,13%) mulleres.
Parroquias
O termo municipal de Ames repártese en once parroquias: Agrón, Ameixenda, Ames, Biduído, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte.
- Agrón (San Lourenzo)
- Poboación: 358 habitantes
- Superficie: 7,24 km2
- Ameixenda (Santa María)
- Poboación: 327 habitantes
- Superficie: 11,09 km2
- Ames (San Tomé)
- Poboación: 1.560
- Superficie: 16,43 km2
- Biduído (Santa María)
- Poboación: 1.633
- Superficie: 5,8 km2
- Bugallido (San Pedro)
- Poboación: 1.578
- Superficie: 8,04 km2
- Covas (Santo Estevo)
- Poboación: 1.037
- Superficie: 5,86 km2
- Lens (San Paio)
- Poboación: 88
- Superficie: 1,64 km2
- Ortoño (San Xoán)
- Poboación: 2.613
- Superficie: 9,03 km2
- Piñeiro (San Mamede)
- Poboación: 233
- Superficie: 6,14 km2
- Tapia (San Cristovo)
- Poboación: 120
- Superficie: 2,9 km2
- Trasmonte (Santa Mariña)
- Poboación: 339
- Superficie: 5,8 km2