Pestanas principais

Capela do Corpiño

Oca. Parroquia de Ames

As primeiras noticias precisas acerca deste santuario son do século XIX, época en que foi construído o edificio actual (1880). Non obstante, especúlase coa posibilidade dunha orixe moi anterior vinculada á cristianización de ritos pagáns. Este era un dos lugares onde se celebraba a chamada festa do "ramo cativo" para quitar o meigallo. Co tempo a virxe do Corpiño gozou de grande devoción como protectora contra os males do corazón, as dores de parto e as mortes repentinas. A construción é sinxela, típica do gusto ecléctico do século XIX. No interior carece de retablo, pero posúe un completo conxunto de imaxes.

 Outros datos:

O cruceiro que preside o adro é unha peza sinxela realizado na mesma época ca capela. Como é tradicional o adro serve como campo da festa e, por este motivo, alberga un palco