O Milladoiro. Parroquia de Biduído
A referencia máis antiga que se recuperou deste templo é de 1539. Aparece na documentación relativa a unha visita que se realizou en 1598, cando pertencía ao Hospital Vello de Santiago. Pouco despois a Universidade fíxose cos seus bens e padroado. As primeiras noticias acerca das celebracións no día da santa datan da primeira metade do século XVIII, e por elas sabemos que se celebraba unha misa cantada á que se achegaban, en procesión, unha grande afluencia de xente de toda a contorna. Trátase dun edificio sinxelo, organizado en dous corpos, un...