Pestanas principais

Conxunto parroquial de San Mamede

A Igrexa. Parroquia de Piñeiro

Desde os tempos medievais nos que se constituíu a parroquia existiu un templo neste lugar. A igrexa que chegou até os nosos días debe moito ás obras realizadas no século XVIII. Algunhas pedras do edificio anterior están hoxe incorporadas ao muro leste, onde se sitúa a sancristía, do novo templo. Contra 1740 o corpo novo e a cuberta de madeira estaban rematados, pero, ata finais do século, non sería reparada a capela maior, capela que foi cuberta cunha bóveda nova. A fachada podemos datala entre 1786 e 1818. Está concibida seguindo canóns clásicos, malia que conserva pináculos de gusto barroco para proxectar verticalmente o edificio. O campanario é un engadido posterior, seguramente de ben entrado o século XIX. O interior é sinxelo, a capela maior conserva a bóveda de canón antiga e está adornada cun retablo barroco.

 

Outros Datos
A casa reitoral é unha gran construción cúbica que preside o adro. Durante algún tempo acolleu, na planta baixa, o teleclube veciñal. Na parcela do lado podemos ver un hórreo de grandes dimensións, que, segundo parece, pertenceu á casa grande de Frenza. O cruceiro é unha peza sinxela e austera