Pestanas principais

Capela da Peregrina

Bertamiráns. Parroquia de Ortoño

A iniciativa de construír unha capela que substituíra a situada no recinto do Pazo da Peregrina partiu da Confraría da Nosa Señora da Peregrina, por quedar a do pazo pequena para acoller o crecente número de fieis. O recinto elixido para erixir a nova construción era coñecido como O Bosque, nome que herdou a urbanización levantada ao seu carón. A obra financiouse mediante subscrición popular entre a veciñanza residente en Ames e tamén noutros lugares como Burgos ou Madrid. Parte dos fondos achegáronos as diferentes administracións, Concello, Deputación e Xunta. O día 14 de setembro de 1995 colocouse a primeira pedra e, case dous anos máis tarde, o 26 de xullo de 1997 tivo lugar a súa inauguración.

Outros datos:

No ano 1999 foi instalado un cruceiro ao seu carón. O capitel e a cruz , de carácter monumental, son de orixe descoñecida. O pedestal e a columna que os sosteñen realizounos un canteiro da parroquia de Bugallido.