Pestanas principais

Capela de San Amaro

Barouta. Parroquia de Ames

Sabemos da súa existencia dende o ano 1598, xa que se menciona na visita pastoral realizada nese ano. A súa historia está moi vinculada á celebración, ao seu redor, dunha romaría moi concorrida, e que aparece documentada xa no ano 1651. Trátase dunha construción de planta de salón, coa nave dividida en tres tramos cubertos con bóveda de canón. A capela maior conta cun retablo de corte ecléctico, que debeu ser instalado na reforma realizada en 1890. Foi designada para acoller a imaxe do san Marcos que se atopaba nunha capela situada nun monte próximo, ambos co me

Outros datos:

No lado occidental da capela hai dúas fontes. Unha delas ten carácter monumental. O frontón partido e os adornos florais dos canos levan a datala no período barroco. O cruceiro é dos denominados de "capela" ou "loreto". No varal atópase unha imaxe que se identifica co S. Xoán. A "capela" sitúase baixo a cruz e na base posúe unha representación dun anxo. No seu interior acolle unha imaxe da Virxe co Neno. Podese datar na segunda metade do século XVII. A escola construíuse en 1936 e financiouna a Sociedade Proescuelas Residentes de Ames en Buenos Aires. Tivo grande sona na comarca a feira que se celebraba neste adro dende antigo, probablemente desde finais do século XVIII. O patrimonio inmaterial ten, tamén, grande importancia, xa que existen referencias á romaría nunha cantiga do Parnaso Portugués Moderno de Teófilo Braga (1877): "Se fores a san Amaro/san Amaro de Barouta,/se fores a san Amaro/bailarás con pouca roupa"; e na Colección de Cantigas da Mahía de Lois Tobío Campos (1880): "san Amaro de Barouta/ veño de unha romaría/e mañán vou para outra..."