Leboráns. Parroquia de Trasmonte
Trátase dun conxunto formado por vivenda, capela, pombal, horta e xardín. Todo o conxunto está rodeado por un muro concibido para preservar a intimidade ao tempo que proxectaba o poder e a importancia social dos seus moradores. A súa orixe está na maciza torre de planta cadrada, datada a mediados so século XVI. O resto do edificio construíuse no século XVIII. Foi reformado en varias ocasións e, na actualidade, presenta planta en forma de "L" e utilízase como vivenda privada. O escudo situado na fachada orientada ao camiño é de estilo barroco e...