Actualidade

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, situada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro novos cursos formativos, un para adultos e tres para os máis cativos. Para o obradoiro de compras seguras a través da Internet, que está dirixido a persoas adultas, aínda quedan prazas libres. Este curso impartirase os días 11, 12 e 18 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Pódese facer a inscrición a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com, coa correspondente ficha de solicitude cuberta e asinada, ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro novos cursos formativos, un para adultos e tres para os máis cativos. Deste xeito, a Aula Municipal completa a súa proposta de cursos didácticos para este tramo final do ano. Os contidos do curso para adultos estarán centrados en como facer compras seguras a través de internet e, no caso dos menores, o obxectivo principal é que coñezan o mundo da informática a través da creación de postais de Nadal en diferentes programas dixitais. Pódese facer a inscrición en calquera dos cursos chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro.

O mércores 27 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro unha conferencia sobre o uso responsable das redes sociais organizada pola aula AMTIC. A charla, dunha hora de duración, abordará cuestións como o uso consciente destas plataformas ou algúns dos perigos asociados a elas. Está dirixida a público a partir de 16 anos. A inscrición pode facerse no teléfono 674 594 843, en horario de 9:30 a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha cuberta e asinada.

Dentro da súa programación para o último trimestre do ano, a Aula AMTIC ofrece un obradoiro de administración electrónica, que se impartirá os días 27 e 28 de novembro e o 4 e 5 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Este curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos interesadas en aprender ou mellorar en diferentes procesos ou tarefas, diarias relacionadas con trámites de administración electrónica. As persoas interesadas poden inscribirse enviando a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, ou chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.

O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital. Esta actividade realizouse na aula AMTIC, do 11 de marzo ao 17 de abril. Tivo unha duración de 20 horas e participaron 12 persoas. Este curso estaba dirixido a persoas con coñecemento básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais, para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un curso básico de informática para a adaptación dixital. Será a partir do 11 de marzo, os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 12 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC) organizou un programa de novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural, que se impartiron dende o pasado mes de outubro nos locais sociais de Agrón, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. A formación, que foi de balde, incluíu 25 horas de clases prácticas, que se desenvolveron en clases de dúas horas, un día á semana. Un total de 80 persoas participaron en ditos cursos. Unha vez rematado os cursos, as persoas participantes recibiron os diplomas que acreditan o correcto aproveitamento de dita formación.

O pasado 18 de decembro rematou o obradoiro de programación de videoxogos e electrónica, organizado pola Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC). A actividade tivo unha grande acollida, pois nos primeiros días de inscrición cubríronse todas as prazas ofertadas.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un obradoiro de programación de videoxogos e electrónica con Arduino. Haberá dúas quendas: a primeira para nenos e nenas de 8 a 10 anos, os días 27 de novembro e 4 de decembro; e outra para rapaces e rapazas de 11 a 14 anos os días 11 e 18 de decembro. En ambas quendas ofrécense 24 prazas e as actividades impartiranse en horario de 18.00 a 19.30 horas. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza para os meses de outubro e novembro dous obradoiros de mecanografía: un dirixido a persoas de máis de 13 anos e outro para rapaces e rapaza de 8 a 12 anos. Ofértanse 24 prazas (12 para cada quenda). As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.
- ‹ anterior
- 3 de 5
- seguinte ›




