Pestanas principais

Entréganse os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital

Xoves, 18 de abril de 2024

O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital. Esta actividade realizouse na aula AMTIC, do 11 de marzo ao 17 de abril. Tivo unha duración de 20 horas e participaron 12 persoas. Este curso estaba dirixido a persoas con coñecemento básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais, para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.

A aula AMTIC acolleu a impartición dun curso básico de informática para a adaptación dixital. Impartiuse 11 de marzo ao 17 de abril e tivo unha duración de 20 horas. Nel participaron 12 persoas. Este curso estaba dirixido a persoas con coñecemento básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.

O programa que se impartiu foi unha introdución á informática: conceptos básicos de informática; uso do rato e teclado; navegación pola Internet (que é un navegador e como usalo, busca e navegación segura en liña); correo electrónico (creación dunha conta e envío do correo) e introdución á seguridade en liña.

Tamén se impartiron nocións sobre o uso do sistema operativo: introdución a Linux (escritorio, barra de tarefas e menú de inicio); xestión de arquivos e cartafoles; configuración e personalización da pantalla de escritorio e mantemento básico do sistema (actualizacións e antivirus).

Outros contidos impartidos foron nocións sobre o procesador de textos para comezar a utilizar Office en liña (abre, garda e crea un documento; formato de texto e parágrafos; uso de imaxes e impresión de documentos).

Por último, impartíronse nocións sobre o uso do teléfono intelixente: introdución aos teléfonos intelixentes e as súas funcións básicas; configuración e axustes iniciais; chamadas e mensaxes texto; uso da cámara e fotos; navegación web no teléfono intelixente; uso do correo electrónico no teu dispositivo móbil; aplicacións básicas (contactos, calendario e mapas); descargando aplicacións de tenda; seguridade e privacidade nos teléfonos intelixentes.

Entréganse os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital

Multimedia

  • Entréganse os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital
  • Entréganse os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital
  • Entréganse os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital
  • Entréganse os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital