Actualidade

Ex., 29-04-2024
Ex., 29-04-2024
Mércores, 11 de xaneiro de 2023
O programa foi presentado pola concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e pola técnica da AMTIC, Almudena Caamaño

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) presentou esta mañá a súa programación para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2023. Dentro das actividades organizadas hai cursos de informática lúdica para nenos/as, obradoiros de iniciación en procesadores de texto e de deseño 3D e clases de manexo de procesador de textos e de correo electrónico web e móbil. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro (en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas) ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Venres, 18 de novembro de 2022
Imaxe do acto de entrega de diplomas aos veciños e veciñas participantes nos cursos de alfabetización dixital no rural

Este xoves, 17 de novembro, clausuráronse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os primeiros cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural. A concelleira de Cultura entregoulle os diplomas de asistencia a estes cursos aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas participaron nestas actividades que comenzaron en outubro e que remataron o 16 de novembro, no que estiveron reforzando os coñecementos recibidos na primeira parte deste curso, realizado no 2021, e aprenderon novos temas relacionados coa xestión de arquivos, ofimática, tratamento de imaxes, correo electrónico, redes sociais, uso de dispositivos móbiles, entre outros temas.

Luns, 14 de novembro de 2022
Cartaz da xornada de ciberseguridade

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza unha xornada de ciberseguridade para este xoves, 17 de novembro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada é de balde ata completar aforo. Ademais, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaráselle os diplomas de asistencia a estes cursos, aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro.

Martes, 20 de setembro de 2022
Imaxe da presentación da programación da AMTIC

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización dixital, que se impartirá nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Neste curso terá prioridade o alumnado que participou no primeiro modulo deste mesmo curso en 2021. Ademais, impartiranse 9 cursos máis de xeito presencial e en liña. Xa está aberto o prazo de inscrición para estas actividades.

Luns, 02 de maio de 2022
A AMTIC do Milladoiro arrinca a súa programación cunha conversa sobre ciberseguridade este xoves 5

Tras abrir as súas portas o pasado martes, a Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, comeza o seu programa de actividades para maio e xuño co coloquio “Neurohacking: a pandemia invisible”, unha proposta sobre ciberseguridade na que coñecer os riscos derivados do uso diario de Internet. Será este xoves 5 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro, de 18:00 a 19:00 horas. A charla estará conducida polo experto Nacho Álvarez, formado en Investigación Privada e Criminoloxía e con experiencia na Secretaría do Estado de Seguridade ou en Telefónica. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

Mércores, 27 de abril de 2022
Abre a AMTIC, a nova aula de informática do Milladoiro, cun programa de sete actividades para maio e xuño

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, dependente da Concellería de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, abre as súas portas á veciñanza tras reformar e modernizar os equipos da aula, ampliando de paso os horarios de Aula Aberta, o número de postos e a proposta formativa, que irá unida á xa ofertada na Aula CeMIT de Bertamiráns. Neste senso, xa están abertas as inscricións para participar nos obradoiros que se desenvolverán en maio e en xuño, tanto en liña como na propia aula. O novo horario de Aula Aberta da AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, é de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Preme aquí para consultar a programación formativa da AMTIC ao completo.

Luns, 13 de xaneiro de 2020
Aula de Informática do Milladoiro

A Aula de Informática do Milladoiro ven de publicar a súa memoria anual do ano 2019, na que se reflicte que foron dados de alta 20 novos socios, ademais de contabilizar un total de 1137 usuarios da Aula. Ademais, 122 persoas asistiron a algunha das xornadas ou obradoiros que desenvolve a aula trimestralmente. Isto supón un aumento do número de persoas asistentes ás actividades, en concreto, 30 máis que o ano 2018.

Venres, 10 de xaneiro de 2020
Cartel Aula Informatica do Milladoiro

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar nalgunha das xornadas do programa de informática da Aula Municipal do Milladoiro nos meses de xaneiro a marzo. Nestes meses, desenvolverase unha sesión de iniciación ao procesador de textos, descubrir o entroido na rede e un obradoiro de mecanografía. As inscricións están abertas ata cubrir prazas.

Sábado, 29 de xuño de 2019
Portada de xullo na Aula CeMIT

A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de xullo enfocada no tempo libre de menores e adultos. Durante o sétimo mes do ano a oferta formativa da aula constará dun total de oito cursos de temática variada, nos que os e as participantes poderán achegarse á mecanografía, programación con Scratch ou mesmo manexar algunhas das apps para smartphone máis coñecidas. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.