Actualidade

Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) ofrecerán do 11 ao 20 de xuño unha serie de audicións de violín, guitarra, piano e canto, no edificio multiusos de Aldea Nova. As audicións de fin de curso, que comezarán a diferentes horas, teñen como obxectivo que o alumnado da EMMA poida amosar as súas familias e amizades o traballo desenvolvido desde o inicio do curso.

A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, abre entre o 29 de maio e o 10 de xuño o prazo de preinscrición para as novas prazas do curso 2019-2020. Este período de preinscrición está dirixido ás persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA. No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas ofertadas realizarase un sorteo público o mércores, 12 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como o impreso de preinscrición.
- ‹ anterior
- 8 de 8




