Actualidade

O programa Apego continúa o seu programa de actividades co obradoiro “Música e Rosalía”, de Leticia Falcón, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro o xoves 22 de febreiro, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 21 de febreiro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O vindeiro sábado 17 de febreiro está programada unha excursión literaria baixo o nome de “Viaxando con Rosalía”. Esta actividade, enmarcada dentro programación municipal “Rosalía Ames 2024” para celebrar o Día de Rosalía, consistirá nunha visita á casa da escritora en Padrón da man da experta rosaliana María López Sández. Conta cun total de 60 prazas, polo que para participar é preciso inscribirse enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal, entre o 8 e o 15 de febreiro. Poñerase a disposición dos asistentes un servizo de autobús, que sairá dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:30 horas e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:45 horas.

O salón de Plenos da Casa do Concello, acolleu esta mañá a presentación do programa de actividades que se van desenvolver con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro 23 de febreiro. A finalidade deste programa, que inclúe un total de sete iniciativas que se estenderán ao longo de dúas semanas, é dobre: por un lado, revitalizar o pensamento e a figura da escritora padronesa e, por outro, poñer en valor a súa obra entre a veciñanza amesá e en particular entre o alumnado dos centros escolares.

O Pleno aprobou por unanimidade este mércores, 7 de febreiro, a participación do Concello de Ames no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concello) “POS+ 2024” da Deputación provincial da Coruña. O Concello de Ames disporá de 979.500,37 euros (551.672,62€ da achega provincial 2024 e 427.827,75 euros da achega de 2023) para executar novos investimentos nas parroquias de Biduído, Ames, Ameixenda e nos núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns. No Plan complementario de 2024 recóllese unha partida de 2.711.703.05 euros para investimentos financeiramente sostibles nas parroquias de Ortoño, Ames, Bugallido, Trasmonte, Covas, Piñeiro e Biduído. Ademais dentro do POS+ Adicional 1/2024 contémplanse 157.620,75 euros para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

O programa Apego arranca o seu programa de actividades o vindeiro mes de febreiro co obradoiro musical “Prende no colo”, de Luís Prego e Samuel Soto, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o xoves 1 de febreiro, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 31 de xaneiro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames presentou esta mañá as diversas propostas de animación infantil que conforman o programa Apego para o primeiro semestre do 2024. Este ano inclúe música, teatro, arrolos, obradoiros e ata unha viaxe á Ribeira Sacra. A programación comeza o vindeiro xoves 1 de febreiro co espectáculo “Prende no colo”, dirixido a familias con crianzas de 0 a 3 anos, e para o que será necesario inscribirse entre o 24 e o 31 de xaneiro. A programación completa do Apego pode consultarse premendo nesta ligazón.

Un total de 40 alumnos e alumnas dos institutos amesáns participan nas xornadas de formación que inauguran unha nova edición do Club de Debate. Nestas xornadas, os e as participantes reciben formación en habilidades comunicativas, documentación, argumentación e técnicas de refutación. A primeira xornada impartiuse o 16 de xaneiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra; a segunda realizouse o 17 de xaneiro, no edificio multiusos de Rois; e a terceira e última tivo lugar hoxe, 18 de xaneiro, en Ferrol.

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística de nove concellos (entre os que se atopa Ames), das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, xa ten finalistas para os seus galardóns de 2023. Un total de 18 finalistas aspiran a gañar algunha das oito categorías nas que se divide o certame nesta edición: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público. A proposta gañadora en cada categoría recibirá 1.000 euros, agás no caso do galardón decidido polo público, cuxa dotación económica é de 500 euros. En total, os Premios Youtubeiras repartirán 7.500 euros.

Onte, 12 de xaneiro, presentouse en Santiago de Compostela a sétima edición do certame Enreguéifate, un proxecto conxunto impulsado polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, que busca difundir a improvisación oral en verso e contribuír á promoción do uso da lingua galega. A participación é aberta e de balde, e concrétase co envío dun vídeo no que, cando menos, dúas persoas aparezan regueifando en lingua galega. Establécense dúas categorías: xeral e escolar. Tamén se impartirán obradoiros de formación para o alumnado e o profesorado, e haberá un certame regueifeiro e un encontro de regueifa. O prazo de presentación esténdese dende o 12 de xaneiro ata o 1 de marzo. As bases do certame están dispoñibles nesta ligazón.

O Apalpador visitará Ames o vindeiro venres, 15 de decembro, da man do programa Apego. Estará no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns a partir das 18:00 horas e, igual que o ano pasado, estará acompañado pola Banda da Montaña. Ademais, chegará cargado de contos, cantos e agasallos para todos os nenos e nenas que acudan a velo. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o 14 de decembro enviando un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal. Nel debe indicarse nome e apelidos das persoas asistentes, a idades das crianzas e os acompañan e un teléfono de contacto.
- ‹ anterior
- 11 de 40
- seguinte ›