Actualidade

Ex., 11-07-2026
Ex., 11-07-2026
Venres, 08 de xaneiro de 2021
O Banco Santander reabrirá a oficina de Bertamiráns

Despois de varios contactos por parte do Concello coa entidade bancaria nos que se solicitaba a reapertura da oficina de Bertamiráns, o Concello acaba de recibir unha comunicación do Banco Santander na que se comunica que esta entidade, ante a situación excepcional que estamos a vivir pola Covid-19, estaba a adoptar as medidas necesarias para velar pola seguridade dos clientes e empregados/as para poder seguir operando con normalidade. 

Martes, 05 de xaneiro de 2021
Concello.

O pasado mércores día 30 de decembro desde a Concellería de Economía e Facenda enviouse o borrador do Anteproxecto de Orzamentos 2021 do Concello de Ames aos representantes dos grupos da oposición, Partido Popular e Grupo Mixto integrado polo representante de Ames Novo e Cidadáns. Abriuse un prazo de 19 días para que os diferentes grupos fagan as súas achegas. Este prazo rematará o lúns 18 de xaneiro de 2021.

Martes, 22 de decembro de 2020
Imaxe da xuntanza da Comisión de Orzamentos Participativos 2020

O Concello de Ames vén de publicar a listaxe de propostas máis votadas -referendadas pola veciñanza amesá- dos Orzamentos Participativos do 2020. Tras o peche do prazo de votación o pasado 13 de decembro e despois do contraste dos votos emitidos co padrón municipal para garantir que todos os votantes estivesen censados en Ames, incorporaranse as propostas máis votadas ao orzamento municipal do Concello para o ano 2021.

Venres, 27 de novembro de 2020
Aberto ata o vindeiro 13 de decembro o proceso de votación dos Orzamentos Participativos 2020 do Concello de Ames

O Concello de Ames vén de abrir a votación telemática dos Orzamentos Participativos do 2020 –que pode facerse a través desta ligazón- e que continuará aberta ata o vindeiro 13 de decembro. Ao longo das dúas próximas semanas tamén se artella dende o Consistorio un calendario de votación presencial nas parroquias para garantir o dereito ao voto das persoas sen competencias dixitais cuxa cronoloxía pode revisarse aquí.

Martes, 10 de novembro de 2020
Xuntaza Orzamentos Participativos.

O Concello de Ames vén de pechar o prazo de presentación de propostas dos Orzamentos Participativos do 2020 o pasado venres 30 de outubro. Durante o período que estivo aberto dito prazo recolléronse un total de 225 propostas de distintos ámbitos. Dentro deste total presentáronse 156 propostas para investimentos no rural, 20 para investimentos mocidade, 10 actividades para a muller, 11 actividades medioambientais, 15 actividades para mocidade, 13 actividades de cultura. Agora comeza o prazo de análise de viabilidade das propostas, que desembocará na votación final das propostas.

Luns, 02 de novembro de 2020
Imaxe de arquivo dunha terraza en Bertamiráns

O Concello de Ames non cobrará as taxas de utilización da vía pública con mesas e cadeiras ao longo do primeiro semestre de 2021. O Goberno municipal acaba de facer público este novo compromiso que afectará directamente ao sector hostaleiro e algúns comercios do municipio. O Concello de Ames engade esta axuda á derrogación da ordenanza fiscal de instalación de postos no mercado de rúa para 2021 e a condonación de ambas taxas do ano 2020.

Venres, 09 de outubro de 2020
Cartel orzamentos participativos.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Economía e Facenda e da Concellaría de Participación Veciñal, informa de que se amplía o prazo para presentar propostas ao proceso de Orzamentos Participativos 2020. Dita ampliación realízase debido ao atraso que houbo no inicio do curso escolar en secundaria. O próximo mércores, 14 de outubro, está prevista unha xuntanza coas directoras do IES de Ames (en Bertamiráns) e do IES do Milladoiro. O obxectivo é establecer unha toma de contacto e presentar a iniciativa para establecer as canles de información coa mocidade amesá. O Goberno municipal quere realizar un traballo conxunto cos centros educativos de secundaria, para dar a coñecer esta iniciativa e implicar á mocidade a que presente propostas. Tamén se iniciaron os contactos coas asociacións culturais, sociais, veciñais e  deportivas rexistradas en Ames, enviándolles a información e animándoas a participar nesta iniciativa. Presenta a túa proposta a través dun formulario web, por teléfono 674 805 085, enviando a ficha de propostas por correo electrónico ao enderezo opames2020@cidadania.coop, ou de xeito presencial.

Mércores, 07 de outubro de 2020
Imaxe do Portal da Transparencia do web municipal

O Concello de Ames vén de ampliar a información dispoñible no Portal da Transparencia do web municipal cun novo apartado onde se pode consultar a información tributaria, que recolle o calendario fiscal do exercicio 2020, información sobre aprazamentos  e fraccionamento de impostos e taxas, e mailo sistema especial de pagamento fraccionado do IBI en 2 prazos). Estas medidas enmárcanse dentro das medidas tributarias adoptadas polo Concello de Ames debido á crise sanitaria e económica derivada da Covid-19. Este traballo únese ao feito no pasado mes de maio para mellorar a organización da información dos apartados de Normativa municipal, Consulta pública e Información orzamentaria.

Luns, 28 de setembro de 2020
O Concello de Ames pecha o exercicio 2019 cun superávit de 1.270.000 euros e un remanente de tesourería de 9.250.000 euros

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, deu conta no Pleno ordinario de setembro, celebrado este pasado xoves 24 de setembro, do decreto de aprobación da liquidación do 2019. O Concello de Ames pecha o exercicio 2019 cun superávit de 1.270.000 euros e un remanente de tesourería de 9.250.000 euros, medrando ano tras ano as cifras de execución orzamentaria acadando a cifra de obrigas recoñecidas (gastos) os 23.130.000 euros e a cifra de dereitos recoñecidos netos (ingresos) de 24.520.000 euros, cun resultado orzamentario axustado de 2.400.000 euros, continuando o Orzamento na senda de equilibrio, solvencia e estabilidade orzamentaria.

Sábado, 12 de setembro de 2020
Calendario das xuntazas para os Orzamentos Participativos de 2020

Ao longo da vindeira semana celebraranse asembleas de presentación de propostas nos diferentes locais sociais. As xuntanzas terá unha duración de aproximadamente 1 hora. Atenderase individualmente a cada veciño/a que irán entrando de xeito graduado. Será obrigatorio o uso de máscara. Porase a dispor en cada entrada xel hidroalcohólico e garantiranse en todo momento asas medidas de seguridade e distanciamento.