Actualidade

O luns, 18 de novembro, ás 10.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario no que se debaterá a aprobación inicial da décimo segunda modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames. Tamén se abordará a aprobación inicial da modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral do Concello de Ames do 2024, como consecuencia de dita modificación da RPT. Dita modificación da RPT foi aprobada por unanimidade de todas as seccións sindicais na Mesa Xeral de Negociación celebrada o 14 de novembro. No caso de ser aprobada en Pleno suporía a adecuación dos complementos específicos e incremento retributivo derivado, para a totalidade do persoal municipal. O incremento retributivo aplicarase de forma progresiva en catro anos, dende 2024 ata 2027. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o inicio de expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar; o inicio do expediente de liquidación do contrato de concesión para a xestión do servizo publico do ciclo integral da auga asinado con Espina & Delfin SL; a elección de xuíz/a de paz titular; a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento de 2024; a transferencia de créditos 4/2024; e o suplemento de crédito 1/2024 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. Ademais, aprobouse por maioría a resolución de alegacións sobre a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos; a modificación do anexo do cadro de persoal do orzamento EPEL 2024; e maila aprobación das novas cotas pola continuidade na Mancomunidade Serra do Barbanza. Por último, abordáronse dúas mocións presentadas polo BNG de Ames. A primeira sobre a elaboración dun regulamento para a participación dos membros da Corporación municipal en actos públicos e oficiais que foi rexeitada. A segunda sobre as necesidades sobre o transporte no rural do concello que foi aprobada por unanimidade. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este mércores, 6 de novembro, ás 20.30 horas, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Cómpre lembrar que a Corporación municipal de Ames deduciu suspender o pleno ordinario de outubro que se ía celebrar o pasado xoves 31 de outubro, como mostra de apoio ás miles de persoas afectadas pola DANA. A decisión de suspender a sesión plenaria tomouse o pasado mércores pola tarde en Xunta de voceiros/as. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 31 de outubro, a Oferta de Emprego Público 2024 do Concello de Ames. Dita oferta de emprego recolle 15 prazas: 13 por quenda libre e 2 de promoción interna. Nesta oferta de emprego público recóllense as prazas que están vacantes na plantilla do Concello de Ames e consignadas nos Orzamentos de 2024, así como as prazas que deben destinarse tanto a promoción interna como a quenda de discapacidade. Trala aprobación en Xunta de Goberno Local a OEP 2024 do Concello de Ames ten que ser publicada no BOP.

Este xoves, día 31, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá a resolución de alegacións sobre a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos; o inicio de expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar; a modificación do anexo do cadro de persoal do orzamento EPEL 2024; o inicio do expediente de liquidación do contrato de concesión para a xestión do servizo publico do ciclo integral da auga asinado con Espina & Delfin SL; e a elección de xuíz/a de paz titular. Ademais, debaterase a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento de 2024; a transferencia de créditos 4/2024; o suplemento de crédito 1/2024 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais; e maila aprobación das novas cotas pola continuidade na Mancomunidade Serra do Barbanza. Por último, debateranse dúas mocións presentadas polo BNG de Ames. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade, nun pleno extraordinario celebrado hoxe pola mañá, a Conta Xeral de 2023. A execución do orzamento de 2023 sobre os créditos definitivos foi dun 70,62%. A execución do capítulo VI, referido aos investimentos, ascendeu a 5.074.763,84 euros, sendo a cifra máis alta dos históricos que se recollen nos datos de Intervención, superando en máis dun millón e medio de euros a execución do ano anterior. O remanente de tesourería, para gastos xerais, resultou positivo en 5.327.887 euros, mentres que o resultado orzamentario foi negativo en 760.234,41 euros, debido á execución de gastos en investimentos da EDUSI Impulsa Ames. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou a cuarta modificación do Plan estratéxico de subvencións, a primeira modificación do contrato do servizo de limpeza integral nas instalacións dos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias, o convenio e encomenda de xestión ao Concello de Teo para a prestación do servizo de atención temperá, e o estudo de viabilidade da concesión de obra para a construción da instalación deportiva municipal de O Milladoiro e da piscina municipal de A Telleira para a súa explotación conxunta. Os temas que xeraron máis debate foron tres mocións presentadas por vía de urxencia, que tamén foron aprobadas, sobre a situación da educación no concello de Ames; en apoio á veciñanza e comercio do Milladoiro afectados polas obras de humanización da N-550; e para que o goberno do Estado estableza a gratuidade do tramo da AP-9 entre Santiago de Compostela e Padrón. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este xoves, día 26, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá a cuarta modificación do Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames, a primeira modificación do contrato do servizo de limpeza integral nas instalacións dos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias, a aprobación do convenio e encomenda de xestión ao Concello de Teo para a prestación do servizo de atención temperá, e a probación do estudo de viabilidade da concesión de obra para a construción da instalación deportiva municipal de O Milladoiro e da piscina municipal de A Telleira para a súa explotación conxunta. Tamén se debaterán por vía de urxencia tres mocións. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames; a adhesión á central de contratación da FEGAMP para os servizos postais e telegráficos; e unha moción política presentada polo grupo municipal do BNG para demandar que a Xunta de Galicia atenda as necesidades técnicas e humanas do PAC e do centro de saúde de Bertamiráns. Ademais, aprobouse por maioría a ratificación do decreto de alcaldía de autorización da quinta prórroga, polo prazo de 2 anos, da concesión administrativa da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira; a revisión do IPC para o período xullo de 2022 a xullo de 2023, do contrato de concesión da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira; e a aprobación inicial da modificación da ordenanza numero 1 reguladora do prezo público pola utilización do centro deportivo municipal A Telleira. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este mércores, 11 de setembro, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames; a adhesión á central de contratación da FEGAMP para os servizos postais e telegráficos; a ratificación do decreto de alcaldía de autorización da quinta prórroga, polo prazo de 2 anos, da concesión administrativa da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira; a revisión do IPC para o período xullo de 2022 a xullo de 2023, do contrato de concesión da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira; e a aprobación inicial da modificación da ordenanza numero 1 reguladora do prezo público pola utilización do centro deportivo municipal A Telleira. Ademais, debaterase unha moción política do grupo municipal do BNG para demandar que a Xunta de Galicia atenda as necesidades técnicas e humanas do PAC e do centro de saúde de Bertamiráns. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 6 de 27
- seguinte ›




