Pódese consultar e descargar toda a información relativa a cada expediente de subvencións e axudas do Concello de Ames na Base Nacional de Subvencións. Nela débese buscar en Entidades Locais, Ames, e logo procesar consulta.
Subvencións e axudas concedidas por concorrencia competitiva:
- Bases da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no taller dual de emprego “Renova Ames-Brión”.
- Bases da convocatoria de axudas para a promoción do comercio no Concello de Ames (exercicios 2019 e 2020).
- Bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos do concello de Ames no exercicio 2018.
- Bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos do concello de Ames no exercicio 2019.
- Bases reguladoras da convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico ás familias numerosas do Concello de Ames para o exercicio 2020
- Bases da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinados a alumnado de 2º ciclo de educación infantil (curso 2019-2020).
- Subvencións a entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, para a promoción de actividades complementarias dos servizos sociais comunitarios e inclusión social (exercicio 2020).
- Bases da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do Concello de Ames no exercicio 2019.
- Bases da convocatoria de axudas para promoción de actividades levadas a cabo no 2019 por clubs e asociacións deportivas do Concello de Ames.
- Bases da convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares celebradas no Concello de Ames durante o exercicio 2019.
Subvencións nominativas:
- Subvención nominativa para as entidades deportivas.
- Subvención nominativa para Arcea Adames.
- Subvención nominativa para o Bertamiráns FC.
- Subvención nominativa para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.