Pestanas principais

Inscrición para o concurso de disfraces do Entroido de Ames

Presencial
Online
Telefónico
sábado, 1 Febreiro, 2020 a luns, 24 Febreiro, 2020
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE, FINALIDADE:

  • Dinamizar e promover as tradicións celebrando a festa de Entroido animado a veciñanza a participar no concurso de disfraces.

QUEN PODE FACELO:

  • Persoas, asociacións, comunidades, colexios, etc que o desexen.
  • As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que ostentará a súa representación para todos os efectos que se deriven deste concurso. As asociacións serán representadas polo/a presidente/a.

CANDO:

  • No entroido. Aproximadamente a inscrición no concurso comeza quince días antes do luns de entroido, e remata o propio luns de entroido ás 11:00 horas. Este ano 2020 o prazo de inscrición remata o día 24 de febreiro ás 11.00 horas.

COMO SE FAI:

  • As inscricións realizaranse na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, das 9.00 h ás 14.00 h, a través do teléfono 981 535 940, ou no mail: cultura@concellodeames.gal.

DOCUMENTACIÓN:

  • Ficha de inscrición na que deberán achegar os seguintes datos: título do disfrace, nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, DNI, teléfono de contacto, categoría na que se inscriben e número de compoñentes. As fichas de inscrición deberán asinalas as persoas representantes.
  • Nota para os grupos e comparsas: en caso de non ser asociacións legalmente constituídas, a ficha de inscrición será asinada, polo menos, por 2 persoas maiores de idade no caso de grupos, e por 4 persoas no caso de comparsas. Estas persoas constarán como autorizadas para recibir o premio e declararán posuír os documentos que acreditan a dita representatividade e as autorizacións dos/as responsables legais dos/as menores.

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: