Pestanas principais

Inscrición na Escola Municipal de Teatro

Presencial
Online
Sede Electrónica
Luns, 5 setembro, 2022
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE, FINALIDADE:

  • Inscrición na Escola de Teatro de Ames

CANDO:

  • O prazo de inscrición está aberto dende o 5 de setembro.

COMO SE FAI:

  • Para renovar praza haberá que cubrir o impreso normalizado e entregalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa.
  • A adxudicación das prazas farase por orde de entrada no rexistro. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

E DESPOIS:

  • Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) enviaranse ao correo electrónico que consta nas bases de datos da Oficina de Recadación para tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o aboamento. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

QUEN SE PODE INSCRIBIR:

  • Logo dunha primeira quenda para que as persoas inscritas no curso 2021-2022 renovasen a súa praza, este segundo está aberto a toda a cidadanía para que se inscriban nos grupos nos que quedan prazas libres.

CANTAS PRAZAS HAI:

 

LUGAR

ACTIVIDADE

LUGAR DE IMPARTICIÓN

HORARIO

HORAS/

SEMANA

NÚMERO DE PRAZAS

INSCRITOS

PRAZAS LIBRES

BERTAMIRÁNS

TEATRO INFANTIL E XOGO DRAMÁTICO

3 a 6 anos

Auditorio da Casa Cultura

Martes

17:00 a 18:00

1 hora

 

12

6 6

TEATRO INFANTIL E XOGO DRAMÁTICO

7 a 12 anos

Auditorio da Casa Cultura

Martes

18:00 a 19:00

1 hora

12

15

0

TEATRO INFANTIL E XOGO DRAMÁTICO

a partir de 12 anos

Auditorio da Casa Cultura

Martes

19:00 a 20:00

1 hora

12

10

2

O MILLADOIRO

 

TEATRO INFANTIL E XOGO DRAMÁTICO

3 a 6 anos

Auditorio da Casa Cultura

Mércores

17:00 a 18:00

1 hora

 

12

4

8

TEATRO INFANTIL E XOGO DRAMÁTICO

7 a 12 anos

Auditorio da Casa Cultura

Mércores

18:00 a 19:00

1 hora

12 11

1

TEATRO INFANTIL E XOGO DRAMÁTICO

a partir de 12 anos

Auditorio da Casa Cultura

Mércores

19:00 a 20:00

1 hora

12

4

8

GRUPO MUNICIPAL

maiores 18 anos

Auditorio da Casa Cultura

Mércores

20:30 a 22:30

2 hora

12

8

4

 

CANTO CUSTA:

  • Menores de 18 anos.......................................................................40 €
  • 2º membro menor de 18 anos................................................20 €
  • 3º e restantes membros menores de 18 anos........10 €
  • Maiores de 18 anos.........................................................................50 €