Pestanas principais

Deputación da Coruña

Servizos tributarios da Deputación da Coruña
Dende o 1 de febreiro de 2013 a Deputación Provincial da Coruña é a encargada da xestión e recadación dos seguintes recursos locais do Concello de Ames:

  •  Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana ou rústica.
  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
  • Imposto sobre actividades económicas.
  • Taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas.
  • Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
  • Taxa de postos e barracas.
  • Sancións de tráfico locais.

ACCESO MEDIANTE CERTIFICADO DIXITAL OU E-DNI
Para calquera xestión on-line sobre os conceptos detallados anteriormente debe entrar na oficina virtual da Deputación.
Para elo tan só ten que premer nesta ligazón.