Pestanas principais

Axudas de custo

Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
 

Regula as indemnizacións ou compensacións de comisións de servizo con dereito a indemnización, asistencias a cursos, desprazamentos dentro do termo municipal por razón do servizo, participación en tribunais de oposicións e concursos…

  • Art. 7. Asistencias a cursos. Indemnización manutención e gastos de viaxe.
  • Art. 9. Define os conceptos de “Dieta e “Gastos de viaxe”
  • Art. 10. Indemnización por dietas de aloxamento e manutención.

ANEXO I Clasificación de persoal
ANEXO II Dietas en territorio nacional

  • Art. 12. Criterios para o devengo e cálculo das dietas.
  • Art. 17. Indemnizacións por gastos de viaxe.
  • Art. 18. Utilización de vehículos particulares e outros medios especiais de transporte.

“1. Cando, excepcionalmente, así se determine na orde de comisión poderase utilizar nas comisións de servizo, nos percorridos a que se refire o apartado 1 do artigo anterior, vehículos particulares ou outros medios especiais de transporte nos casos previstos na normativa en cada momento vixente”.
O importe da indemnización para percibir como gasto de viaxe polo uso de vehículo particular en comisión de servizo, prevista no artigo 18.1 queda fixado en 0,19 euros por quilómetro percorrido polo uso de automóbiles e en 0,078 euros polo de motocicletas, conforme establece o artigo 1 da Orde EHA/3770/2005, do 1 de decembro, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no R.D. 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo (« B.O.E.» 3 decembro).

  • Art. 20. Desprazamentos dentro do termo municipal por razón do servizo
  • Art. 27 e seguintes. Normas xerais sobre asistencias. b)Participación en tribunais de oposicións e concursos para selección de persoal.

ANEXO IV Asistencias por participación en tribunais de oposición ou concurso...

ANEXO I

Clasificación de persoal

  • Grupo 1. Altos cargos incluídos nos artigos 25, 26 e 31.dous da Lei 13/2000, do 28 de decembro, Oficiais Xerais, Maxistrados do Tribunal Supremo e Presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza, Embaixadores, Ministros Plenipotenciarios de primeira clase, Reitores de Universidade, Subdirectores xerais, e Subdirectores xerais adxuntos, así como calquera outro cargo asimilado aos anteriores.No suposto dos Subdirectores xerais adxuntos, a asimilación será acordada, no seu caso, conxuntamente polos Ministerios de Facenda e de Administracións Públicas.
  • Grupo 2. Persoal Militar das Forzas Armadas e persoal dos Corpos da Garda Civil e Nacional de Policía clasificados a efectos retributivos nos grupos A e B; Corpos únicos das Carreiras Xudicial e Fiscal, Secretarios da Administración de Xustiza, Médicos Forenses, e Técnicos Facultativos; funcionarios da Administración do Estado de Corpos ou Escalas clasificados nos grupos A e B, así como calquera outro persoal asimilado aos anteriores.
  • Grupo 3. Persoal Militar das Forzas Armadas e persoal dos Corpos da Garda Civil e Nacional de Policía clasificados a efectos retributivos nos grupos C e D; Oficiais, Auxiliares e Axentes, e persoal dos seus mesmos índices multiplicadores, ao servizo da Administración de Xustiza; funcionarios da Administración do Estado de Corpos ou Escalas clasificados nos grupos C, D e E, así como calquera outro persoal asimilado aos anteriores.

ANEXO II

Dietas en territorio nacional

Grupos

Contías en euros

Por aloxamento

Por manutención

Dieta enteira

Grupo 1

102,56

53,34

155,90

Grupo 2

65,97

37,40

103,37

Grupo 3

48,92

28,21

77,13

Anexo II redactado conforme establece o apartado primeiro da Res. do 2 de decembro de 2005, da Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, pola que se fai público o Acordo de Consello de Ministros do 2 de decembro de 2005, polo que, en cumprimento do disposto na disposición final cuarta do R.D. 462/2002, do 24 de maio, revísase o importe das dietas en territorio nacional establecidas no seu anexo II (« B.O.E.» 3 decembro).Vixencia: 4 decembro 2005 Efectos / Aplicación: 1 decembro 2005.

ANEXO IV

Asistencias por participación en tribunais de oposición ou concurso ou outros órganos encargados de persoa

 

Contías en euros por Asistencia

Categoría primeira:

 

Presidente/a e Secretario/a

45,89

Vogais

42,83

 

Categoría segunda:

 

Presidente/a e Secretario/a

42,83

Vogais

39,78

Categoría terceira:

 

Presidente/a e Secretario/a

39,78

Vogais

36,72