O Concello de Ames participa do Plan de formación agrupado da Deputación da Coruña. Dito plan formativo está dirixido ao persoal das administracións locais adheridas e ao persoal da propia Deputación da Coruña.
Por outra banda, o persoal do Concello de Ames tamén pode participar no Plan de formación continúa da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), dependente da Xunta de Galicia.