Pestanas principais

Servizo da emisora de radio municipal, Ames Radio

En xullo de 2007 o Concello de Ames puxo en marcha o servizo dunha emisora de radio municipal que se converteu no espello que reflicte a realidade amesá. O nome da emisora municipal é Ames Radio e pode sintonizarse en todo o territorio municipal e parte da comarca a través do 107.2 da FM.

  • Obxectivo principal: Informar de todas as cuestións que afecten ao municipio, contribuíndo á creación dun espazo de comunicación local.
    Ames Radio ten unha programación deseñada pensando na prestación dun servizo público. A súa grella componse con espazos adicados á información, á música, ao entretemento e á cultura nos que os temas da vida cotiá se traten dunha forma participativa e próxima aos veciños.
  • Persoas destinatarias: A toda a poboación de Ames.