Pestanas principais

Obxectos perdidos

A Policía Local de Ames conta cun servizo onde se almacenan aqueles obxectos perdidos esperando que os usuarios/as volvan por eles. No caso de que o propietario/a fose identificado, recibirá nunha carta pechada a súa perda, pero se iso non se producira, as cousas que teñan valor entréganse no Concello de Ames que as distribúe entre a xente necesitada. Todos os obxectos que entran na oficina rexístranse nun programa informático cos datos de quen o atopa e o valor do achado, intentando identificar o propietario polo padrón municipal ou, no caso de ser doutro concello, remitindo o obxectos ao departamento de Policía que corresponda.