Pestanas principais

Club de Debate

O Club de debate é un proxecto de dinamización lingüística, en colaboración cos centros de ensino secundario, dirixido á mocidade, no que participan varios concellos galegos. O Club consta dunha fase de formación e de varias fases de competición, comarcais e galega, polas que irán pasando o alumnado. O obxectivo é estimular e mellorar as competencias lingüísticas da mocidade nun contexto formal.

  • Destinatarios: Alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato dos centros de ensino secundario de Ames, a través dos seus Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística