Pestanas principais

XI Certame Artístico-Literario Intercentros Concello de Ames

O SNL. en colaboración cos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino de  primaria, organiza todos os anos un certame artístico-literario intercentros que ten como obxectivos centrais dinamizar o uso do galego entre a xente máis nova, promover a creatividade e a reflexión sociolingüística entre a rapazada, as familias e o persoal dos centros de ensino.

O alumnado participante presenta un texto ilustrado en prosa ou en verso sobre unha temática indicada nas bases de cada edición. O enunciado da dita  temática busca sempre promover a reflexión sociolingüística ao tempo que se achega ao alumnado á persoa homenaxeada en cada edición das Letras Galegas.