Pestanas principais

XVI Carreira Pedestre-Cortes de tráfico e prohibición de estacionamento en aparcamentos

Xoves, 15 de outubro de 2015

[15-10-2015] Con motivo da XVI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames que se celebrará o vindeiro, 18 de outubro de 2015, nos arredores do Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Avenida José Luis Azcárraga) infórmase que estará prohibido estacionar na rúa Avenida José Luis Azcárraga das 6:00 ás 15:00 horas do domingo 18 de outubro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito aviso.

Ademais, haberá cortes de tráfico nas seguintes rúas e aldeas por onde transcorre a citada carreira:

-Dende as 8:00 ata as 12:00 horas: Avenida José Luis Azcárraga, Travesía da Peregrina, Rúa da Fragua, Rúa da Xunqueira, Rúa Alcalde Lorenzo (DP 0205), Aldea de Sisalde, Urbanización "As Cortes", Rúa Revolteada, Rúa Ribeira de Maguxe, Cruce Avenida da Maía (AC-543 P.K.7) e Rúa Rosaleda.

-Dende as 12:00 ata as 14:00 horas: Avenida José Luis Azcárraga, Rúa Lodeiro, Travesía de Lodeiro, Rúa da Telleira, Rúa do Cómaro e Rúa do Camiño Novo.