Pestanas principais

A Xunta Local de Seguridade acorda continuar cos dispositivos especiais de control e vixilancia para evitar novos casos de intento de roubos en vivendas

Luns, 05 de febreiro de 2018

[05-02-2018] O salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria e urxente da Xunta Local de Seguridade. Esta xuntanza realízase despois dos acontecementos que se produciron nas últimas semanas en diferentes urbanizacións do termo municipal de Ames. Nesta reunión, que estivo presidida polo alcalde, José Miñones, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, acordouse continuar co reforzo da seguridade nas urbanizacións do concello amesá, así como manter os dispositivos especiais de control e vixilancia para evitar novos casos de intento de roubos en vivendas.

En primeiro lugar achegáronse os datos actualizados do informe de criminalidade dos últimos meses, no que se constata un incremento de intentos de roubo en vivendas. Por outra banda, o dato positivo é que se reduce o volume anual de incidencias de alto perigo en Ames. Debido a ese incremento de intento de roubos en vivendas producidos durante as últimas semanas, vaise a tratar de manter, na medida do posible, o incremento na seguridade, sobre todo nas urbanizacións, para evitar que se volvan a producir acontecementos similares.

Ademais, co fin de reforzar a seguridade en Ames e na súa área de influencia, nas últimas semanas incrementouse o número de axentes no cuartel da Garda Civil do Milladoiro con reforzos dende a Comandancia da Coruña. Tamén se vai a continuar co reforzo no traballo de coordinación entre os distintos corpos de seguridade (Garda Civil, Policía Local e Policía Nacional) co obxectivo de seguir realizando dispositivos especiais de control e vixilancia en Ames e na súa contorna.

Por outra banda, o Concello tamén vai a poñer en marcha varias iniciativas para tratar de incrementar a seguridade nas urbanización e noutros lugares onde se detectaron casos de intento de roubos en vivendas, como poden ser incremento dos puntos de luz pública para evitar zonas con pouca visibilidade e, asemade, vaise a plantexar o cambio de sentido de circulación dalgunhas rúas de urbanizacións para dificultar as manobras de fuxida das persoas que participan en ditos intento de roubos.

Cuartel da Garda Civil do Milladoiro
Sobre o cuartel da Garda Civil, dende o goberno municipal volvéuselle a solicitar ao subdelegado do Goberno na Coruña que dote de máis afectivos a dito Cuartel ata completar as 50 prazas co que foi creado este posto da Garda Civil no Milladoiro. Sobre este asunto Jorge Atán manifestou que na actualidade este Cuartel conta coa dotación completa dos axentes e cun reforzo doutros axentes que foron enviados durante as últimas semanas para participar nos dispositivos especiais de seguridade que se están levando a cabo. Asemade, o subdelegado do Goberno na Coruña precisou que o Cuartel da Garda Civil do Milladoiro é un dos marcados como prioritarios, no suposto de que se realice un incremento de persoal.

Esta xuntanza estivo presidida polo alcalde, José Miñones, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Ademais, esta reunión contou coa asistencia da vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno en Galicia, Eva Vázquez; do coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina; do tenente comandante do posto da Garda Civil do Milladoiro, Jesús Ramón Viaño; do xefe adxunto da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Xunta de Galicia, José Bouzada; do inspector da Policía Local de Ames, José Antonio Rodríguez; e do concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Refuerzan la seguridad en urbanizaciones de Ames y va a continuar la vigilancia"
La Voz de Galicia: "El cuartel de Milladoiro recibe refuerzos para realizar controles de seguridad"