Pestanas principais

A Xunta denégalle unha subvención de case 39.000 euros ao concello de Ames por non presentar a tempo os presupostos

Xoves, 28 de xullo de 2011

[28-07-2011] A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza comunicoulle ao concello de Ames que non lle concederá unha subvención para a “interpretación do patrimonio natural e a biodiversidade do Concello de Ames e control de especies invasoras” polo importe de 38.719,35 euros. A Xunta denega esta subvención porque o Concello non ten as contas ó día e non presentou os presupostos a tempo.

A subvención denegada está contemplada dentro la liña de subvencións de natureza competitiva para todos os concellos de Galicia. O executivo amiense lamenta a perda desta importante cantidade de diñeiro xa que "a situación económica do concello non está como para perder subvencións, e toda cuantía económica que poidamos recibir é benvida e moi necesaria" asegura o rexedor amiense, Santiago Amor. Ademais, non é a primeira vez que isto acontece, pois foron varias as subvencións que non se puideron solicitar por incumprimento do requisito da presentación das contas. Isto ocorreu coa maioría das últimas subvencións da Consellería de Presidencia, coma a de renovación do parque móbil da policía local que pola ausencia de envío da conta non se puido solicitar.

O feito de non ter pechada en tempo e forma a conta do 2010 complica implica tamén que o Ministerio de Economía lle reteña 400.000 euros ao Concello polos reiterados incumprimentos á hora de realizar o balance das contas anuais. Así, segundo explicou o concelleiro de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo, Ramón Argibay, a carteira que dirixe Elena Salgado remitiulle, hai algo máis dun mes, un escrito ao Concello de Ames no que se informaba de que se vai reter a cantidade correspondente a este municipio procedente dos fondos recadados polos impostos estatais. "O motivo fundamental desta actuación é que o Concello non ten pechada en tempo e forma a conta xeral de 2010" explica Ramón Argibay, quen recorda ademais que no último ano do anterior mandato, e cun considerable atraso, o anterior goberno amiense, liderado polo socialista Carlos Fernández, "aprobou tres contas xerais, a do 2007, a do 2008, e a do 2009". Dada a importancia deste asunto, o executivo local levará mañá xoves 28 de xullo ao pleno ordinario un informe de Intervención explicando estas cuestións e tamén un escrito de alegacións que o Concello remitirá ao Ministerio de Economía para evitar a retención desta importante cantidade de diñeiro.

Dende o departamento económico do Concello estase a traballar para poñer as contas ó día antes de que remate o ano.

O Concello fará 15 contratos temporais

Por outro lado, o concello de Ames si recibiu unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar que lle permite contratar persoal para traballar nas áreas de medio ambiente, obras e patrimonio. Trátase da contratación de cinco traballadores, un encargado e un enxeñeiro forestais dentro da brigada de protección de marxes fluviais e do espazo forestal de Ames. Na brigada de espazos públicos, é dicir, en obras, contratarase a un oficial carpinteiro, a un oficial de albanel, a un oficial pintor e a dous peóns de albanelería; e dentro do proxecto de reforma e reparación de espazos patrimoniais o concello levará a cabo a contratación dun oficial carpinteiro, un oficial de albanel e un peón de albanel. Todos son contratos efectuados dentro da modalidade de obra e servizo, cun período de duración de seis meses e subvencionados a través do programa de cooperación coas entidades locais.

Contido relacionado


La Voz de Galicia:"Ames pierde una subvención de la Xunta por no estar al día en las cuentas"
El Correo Gallego:"Ames pierde una subvención de la Xunta por retrarsar el presupuesto"