Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aproba a concesión de 68 axudas de familia numerosa

Martes, 06 de novembro de 2012

[06-11-2012] A Xunta de Goberno Local deu luz verde á concesión dun total de 68 axudas a familias numerosas do Concello de Ames. As solicitudes presentadas a esta convocatoria de axudas, que se abriu o pasado 8 de xuño, foron examinadas pola comisión de valoración constituída ao efecto.

O obxectivo destas axudas é proporcionarlles apoio económico a aquelas familias cualificadas como numerosas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, ou organismos análogos doutras comunidades autónomas. Os beneficiarios/as destas axudas son aquelas familias numerosas que teñan a súa residencia habitual no municipio de Ames.

Con este tipo de iniciativas, o Concello de Ames, a través da Concellería de Servizos Sociais, pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades teñen para a crianza dos fillos.

A convocatoria de axudas para familias numerosas contou cunha dotación total de 120.000 euros, dos que as familias que obterán a axuda recibirán entre 900 e 1.100 euros por unidade familiar.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "El ejecutivo de Ames aprueba 68 ayudas de familia numerosa que oscilan entre 900 y 1.110 euros"