Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras das rúas Fragua e Xunqueira

Xoves, 07 de outubro de 2021

A Xunta de Goberno Local adxudicou a realización das obras da rúa Fragua e Xunqueira, en Bertamiráns á empresa  Explotaciones Gallegas SL. As obras con cargo ao POS 2020 teñen un importe total de 57.942 euros e un prazo de execución de 6 meses. As obras executaranse sobre unha superficie de 1975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop. As obras forma parte dun grupo de obras que se van realizar na contorna de Cantalarrana e súmanse ás xa realizadas no pasado mandato. Esta actuación vai supoñer unha importante mellora nunha zona pegada ao núcleo de Bertamiráns.

As obras das rúas Fragua e Xunqueira foron adxudicadas pola Xunta de Goberno Local trala aprobación do expediente de licitación mediante procedemento aberto simplificado abreviado. A realización das obras adxudicouse á empresa Explotaciones Gallegas SL por un importe total de  57.942 euros e cun prazo de execución de 6 meses.

Características técnicas
Nas rúas Fragua e Xunqueira está prevista a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente tipo AC16 B50/70 sobre unha superficie de 1975 m2, -dos que 530 m2 atópanse no inicio da actuación e 1.445 m2 atópanse no final- e en dous treitos intermedios de 435 m de lonxitude de 6 m de ancho medio e 55 m de lonxitude e 5 m de ancho medio.

O proxecto contempla que na superficie de 1975 m2, previo ó estendido da capa de rodaxe, levarase a cabo o fresado do pavimento existente, mentres que para os tramos intermedios de 435 m e 55 m de lonxitude, levarase a cabo a reparación de fochancas e o perfilado de mordentes ao 15% da superficie no treito de 453 metros e ao 10% da superficie no treito de 55 m con 10 cm de grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Completan as obras a execución de 60 m de cuneta de seguridade, previa limpeza e recuperación da súa sección, e a sinalización horizontal e a vertical coa colocación de 4 sinais de stop.

Segundo o alcalde de Ames, Blas García, esta actuación forma parte da mellora do entorno de Cantalarrana, ao carón de Bertamiráns, e "pretendemos mellorar os viais nesta zona, e organizar mellor o tráfico de vehículos, así como favorecer a mobilidade peonil".

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: Adjudicadas mejoras viarias en las calles Fragua y Xunqueira, en Bertamiráns

El Correo Gallego: Adxudicadas as obras das rúas Xunqueira e Fragua de Bertamiráns

AMSGO: Adxudicadas as obras das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns

 

Obras Fraga e Xunqueira

Multimedia

  • Obras Fraga e Xunqueira
  • Obras Fraga e Xunqueira