Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de urbanización Rúa do Seixo-Rúa de Codeseira no Milladoiro

Sábado, 23 de xuño de 2012

[23-06-2012] A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de urbanización APR M6-01 Rúa do Seixo-Rúa de Codeseira, que permitirá a apertura de novas rúas nesta zona do Milladoiro co conseguinte desafogo que suporá para o tráfico.

Deste xeito, o Goberno amiense conseguiu desatascar este proxecto urbanístico, que levaba dous anos en espera. A Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente o refundido deste proxecto de urbanización, con data de visado 11 de setembro de 2009. A entidade promotora presentará garantía polo 20% do custo das obras previstas no prazo máximo de tres meses dende a aprobación definitiva do proxecto.

En total, o proxecto urbanístico ocupará 16.200 metros cadrados. Deles, 3.611 destinaranse a uso residencial, 821 metros cadrados serán para uso comercial e máis de 6.121 destinaranse á apertura de novas rúas e a ampliación doutras: unha que será a continuación da rúa do Seixo ata a Travesía do Porto; outra que continuará a Rúa do Francés no límite do termo municipal e outra paralela a Xaquín Lorenzo, que uniría a Rúa do Francés coa do Seixo. Ademais, un total de 2.017 metros cadrados serán empregados para usos dotacionais e 3.630 a zonas verdes.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames urbanizará tres calles en el área de Travesía do Porto"