Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba o inicio do proceso de contratación do programa Amessan

Sábado, 24 de novembro de 2012

[24-11-2012] A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o inicio do proceso de contratación do programa Amessan, un servizo de realización de actividades de prevención, promoción da saúde e dinamización de persoas maiores, que volverá a poñerse en marcha no mes de xaneiro de 2013. Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores, ten como finalidade impulsar o benestar físico, psicolóxico e social da poboación maior do concello de Ames. A través das diferentes actividades integradas no proxecto, lógrase ademais que os maiores saian da casa, coñezan xente, estean entretidos e ao mesmo tempo fagan exercicio.

O Goberno amiense deulle luz verde ó expediente de contratación do programa Amessan, mediante procedemento aberto de urxencia. Seguidamente, o anuncio de licitación do servizo será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP), no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no perfil de contratante da páxina web municipal para que, durante un prazo de oito días naturais desde a última publicación, os interesados poidan presentar as ofertas que estimen pertinentes.

Este programa, que ten como obxectivo promover hábitos de conduta saudables, está dirixido ás persoas adultas e anciáns amienses. Dende a concellaría de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores calculan que este programa municipal volverá a poñerse en marcha no vindeiro mes de xaneiro de 2013, unha vez se resolva o proceso de contratación que determinará a empresa que desenvolverá as actividades deste servizo.

Amessan ten como finalidade impulsar o benestar físico, psicolóxico e social da poboación maior do concello de Ames. Isto conséguese a través de varias actividades que traballan a prevención, promoción da saúde e dinamización de persoas maiores e persoas con discapacidade. Ademais, lógrase que os maiores saian da casa, coñezan xente, estean entretidos e ao mesmo tempo fagan exercicio.

Esta iniciativa está promovida pola concellaría de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores, por entender que a prevención, promoción da saúde e dinamización social obxecto deste contrato constitúe unha parte das obrigas competenciais que en materia de servizos sociais son atribuídas aos entes locais en distintos conceptos lexislativos.

Coa realización destas actividades preténdese que as persoas participantes se divirtan ao mesmo tempo que promoven a súa saúde, sendo o obxectivo do programa fomentar a autonomía, independencia e a participación social das persoas maiores e persoas con discapacidade do Concello de Ames.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Luz verde ao expediente de contratación de Amessan"
El Correo Gallego: "A Xunta de Goberno Local aproba o inicio do proceso de contratación do programa Amessan"