Pestanas principais

A Xunta de Goberno local aproba a modificación puntual dos plans parciais do S-14 e S-16 que permitirá dispor dunha parcela de 8.200 metros cadrados para equipamentos públicos e novos espazos verdes no Milladoiro

Mércores, 18 de abril de 2012

[18-04-2012] A modificación puntual dos plans parciais do S-14 “Travesía do Porto norte” e S-16 “Galdrachán”, pertencentes a localidade do Milladoiro, permitirá dispor dunha parcela de 8.200 metros cadrados que podería ser usada para a construción dun equipamento público de grandes dimensións ou para un conxunto de pequenos equipamentos. Esta parcela preséntase coma unha alternativa para albergar o novo centro de saúde do Milladoiro no suposto caso de que non se poida construír na parcela do S-15, xa que este plan foi botado abaixo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ademais, concéntranse os espazos de zonas verdes públicos de ambos os dous sectores dando como resultado un espazo de 14.500 metros cadrados que dedicará a construción dun gran parque público e outro espazo de 4.150 metros cadrados que se empregará para ampliar o espazo verde que xa existe no sector S-15.


Espazo de zonas verdes

O mesmo acontece cos espazos adicados a zonas verdes. Concéntranse os espazos de zonas verdes de ambos os dous sectores dando como resultado un espazo de 14.500 metros cadrados que dedicará a construción dun gran parque público e outro espazo de 4.150 metros cadrados que se empregará para ampliar o espazo verde que xa existe no sector S-15. Deste xeito ampliarase en 4.150 metros cadrados o contorno do parque e zonas libres xa existentes na parte traseira das piscinas municipais para a remodelación do conxunto como parque central do Milladoiro.

Viario público e aparcamentos

Por outra banda, esta xestión urbanística permite ampliar o número de prazas de aparcamento nestes sectores pasando de 195 a 210. Mantense o número de prazas global e tamén as previstas de reserva para discapacitados, que simplemente se reubican contidas na nova configuración do aparcamento que permite deseñar unha entrada e saída para os vehículos dende a rúa dos Agriños, eliminando o acceso rodado dende a Travesía do Porto, pouco apropiada para unha vía cunha vocación definida de principal bulevar urbano. Ao mesmo tempo, eliminarase a forzada conexión rodada coa vía de nova apertura ao oeste, que acollía prazas en diagonal.

A modificación puntual dos plans parciais dos sectores S-14 “Travesía do Porto norte” e S-16 “Galdrachán” conta co informe favorable dos servizos técnicos e xurídicos do departamento de Urbanismo.
A Xunta de Goberno local acaba de aprobar de xeito inicial o proxecto de modificación puntual dos plans parciais dos sectores S-14 “Travesía do Porto norte” e S-16 “Galdrachán” do Milladoiro. O obxectivo desta modificación puntual é redistribuír as zonas de uso público e os espazos verdes públicos destes dous sectores para poder xuntalos. Deste xeito, conséguese unha parcela para construír un novo equipamento público de grandes dimensións e reorganizar os espazos verdes públicos. Con esta modificación conséguese darlle maior magnitude e dimensión tanto as zonas verdes como as parcelas destinadas a equipamentos de uso público.

O ámbito de modificación abrangue arredor de 36.000 metros cadrados destes dous sectores do Milladoiro. Un total de 22.000 metros cadrados corresponden ao plan parcial do sector S-14 “Travesía do Porto norte” e algo máis de 14.000 metros cadrados corresponden ao plan parcial do sector S-16 “Galdrachán”. Esta xestión urbanística permite a unión dos espazos dedicados a uso público de ambos os dous sectores.

Como consecuencia desta xestión urbanística xorde unha área de equipamento provinte da fusión de áreas de dous sectores de solo (S-14 e S-16). A parcela resultante suma unha extensión de 8.201 metros cadrados. Esta parcela podería acoller un só equipamento de grandes dimensións ou un conxunto de equipamentos cunhas dimensións máis reducidas.

No suposto caso de que o Concello de Ames non poida empregar a parcela incluída no plan parcial do S-15, plan parcial que foi botado abaixo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para a construción do novo centro de saúde do Milladoiro, destinaríase esta parcela de 8.200 metros cadrados resultante desta operación para a construción do devandito centro de saúde.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames busca un solar alternativo para el futuro centro de salud"
El Correo Gallego: "Luz verde a cambios en los planes parciales S-14 y S-16 en Ames"