Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación de oito proxectos por valor de 738.956 euros que se sufragarán con cargo ao POS+ 2019

Xoves, 08 de agosto de 2019

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación de oito proxecto, por valor de 738.956 euros, que se sufragarán con cargo ao POS+ 2019. Estas obras executaranse en diferentes lugares das parroquias de Bugallido, Biduído, Ortoño e Ames. Este ano por primeira vez decidiuse licitar ditos proxectos por lotes, para non facelo de xeito individualizado. Así, gáñase tempo no proceso administrativo co obxectivo que se os proxectos se adxudiquen e executen o antes posible.

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, con un único criterio de adxudicación (o prezo), dos contratos de oito lotes de obras de pavimentación de camiños e viarios municipais, incluídas no POS+ 2019, convocando a súa licitación. Este ano por primeira vez decidiuse licitar ditos proxectos por lotes, para non facelo de xeito individualizado. Así, gáñase tempo no proceso administrativo co obxectivo que se os proxectos se adxudiquen e executen o antes posible.

As obras que se van licitar son a mellora do camiño de Quistiláns a Costoia; e mailas obras de pavimentación dos accesos en Costoia; dos viarios no lugar de Outeiro; e do acceso ao cemiterio municipal. Ademais, vaise a realizar a pavimentación do viario da estrada que vai dende a rotonda da Bola ata Framán-Eirapedriña; a pavimentación dos viarios do núcleo do Pedregal; a pavimentación do viario do Casaliño; e maila reparación do camiño de Castelo a Vilar.

Asemade, aprobouse o gasto correspondente por importe de 610.707,74 euros, máis o IVE correspondente, que ascende a 128.248,63 euros, o que fai un total de 738.956,37 euros con cargo ao orzamento municipal 2019.

O concelleiro de Obras, Servizos Básicos e Protección Civil, Blas García, destacou que “a través do POS+ 2019 vanse executar 20 proxectos por valor de 1,2 millóns de euros. O 86,2% do financiamento dedícase a proxectos no rural (1.030.735 euros), mentres que o 13,8% restante (164.355 euros) dedicarase a obras nos espazos urbanos de Bertamiráns. Deste xeito, faise unha aposta clara polo rural con novos investimentos en obras de saneamento e melloras integrais dos camiños interiores das aldeas”.

Ligazóns:

El Correo Gallego: "Ames licitará ocho obras por lotes para ganar tiempo"

Lindeiros: "Ames licita 8 proxectos do POS+2019 da Deputación"

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación de oito proxectos por valor de 738.956 euros que se sufragarán con cargo ao POS+ 2019