[11-04-2013] O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de 2º ciclo de educación infantil, correspondentes ao curso 2012-2013. Da convocatoria de axudas para o curso actual, vanse beneficiar un total de 75 rapaces e rapazas amienses. O obxectivo desta convocatoria de axudas é intentar sufragar parte do gasto que cada ano teñen que realizar todos os pais e nais de Ames para comprar material escolar para os seus fillos/as. Estas axudas foron aprobadas despois de que a Comisión de Valoración examinase todas as solicitudes presentadas á convocatoria de 2012-2013.
A convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar estivo dirixida ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil para o curso 2012-2013. Estas axudas están destinadas a financiar os gastos efectuados desde o 1 de xullo ao 31 de decembro de 2012 en libros de texto e material escolar polo alumnado integrado en unidades familiares empadroadas no Concello de Ames, sempre que os alumnos/as estean matriculados durante o curso 2012-2013 nalgún curso de educación infantil (2º ciclo), nun centro sostido con fondos públicos. O obxectivo é intentar sufragar parte do gasto que cada ano teñen que realizar todos os pais e nais de Ames para comprar material escolar para os seus fillos/as.
Para outorgar estas axudas tivéronse en conta uns criterios que se establecen segundo o IPREM. Deste xeito, as unidades familiares cunha renda per cápita de menos do 50% do IPREM recibirán un importe máximo de axuda de 120 euros; as que dispoñen dunha renda per cápita do 50% ata o 75% do IPREM, terán unha axuda de 100 euros, e para as unidades familiares con renda per cápita do 75% ao 100% do IPREM a axuda será de 80 euros. Estas axudas foron aprobadas en Xunta de Goberno Local despois de que a Comisión de Valoración examinase todas as solicitudes presentadas á convocatoria de 2012.
Despois de que fosen revisadas todas as solicitudes presentadas aprobouse a concesión dun total de 75 axudas para os rapaces e rapazas amienses. Esta convocatoria de axudas estivo dirixida aos alumnos e alumnas de educación infantil (2º ciclo), por ser este colectivo o único non incluído na orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.