Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba a clasificación de ofertas da obra de reparación das instalacións do club de piragüismo Ribeiras do Tambre

Venres, 15 de xullo de 2016

[15-07-2016] A Xunta de Goberno Local vén de darlle luz verde á clasificación de ofertas e mailo requirimento de documentación para a adxudicación da obra de reparación das instalacións do club de piragüismo Ribeiras do Tambre, que están situadas na área recreativa de Tapia. O seguinte paso administrativo será adxudicar estas obras co obxectivo de que se poidan desenvolver antes de final deste ano. Esta obra conta cun presuposto total de 49.963,19 euros, incluíndo o IVE.

O goberno municipal acometerá, con cargo aos fondos concedidos dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña de 2015, a obra de mellora e reparación das instalacións do club de piragüismo Ribeiras do Tambre, que están situadas na área recreativa de Tapia. A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a clasificación de ofertas e mailo requirimento de documentación para a adxudicación deste proxecto. O seguinte paso administrativo será adxudicar estas obras co obxectivo de que se poidan desenvolver antes de final deste ano.

Estas instalacións están compostas por dúas naves, unha que funciona como almacén e outra que contén o ximnasio e o almacén. Ambas naves están unidas por unhas dependencias elevadas que acollen unha oficina e unha terraza. O prego que inclúe a memoria das obras incide en que as deficiencias na construción provocaron, co paso do tempo, a filtración da auga nos falsos teitos, desprendidos en varias partes das instalacións, e o consecuente deterioro do interior dos edificios. A madeira da terraza podreceu co paso do tempo, polo que esta xa non se pode empregar, e o portón e o pavimento exteriores tamén están deteriorados. Esta obra conta cun presuposto total de 49.963,19 euros, incluíndo o IVE.