Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local adxudica as concesións de nichos, tumbas e columbarios do cemiterio municipal de Ames

Sábado, 17 de febreiro de 2018

[17-02-2018] A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar este pasado xoves, 15 de febreiro de 2018, as concesións de nichos, tumbas e columbarios do cemiterio municipal de Ames. Deste xeito, adxudicáronse 6 concesións (3 panteóns tipo A de 3 nichos e 1 columbario; 1 columbario; e 2 nichos independentes) por un período de 25 anos e 10 concesións (3 panteóns tipo A de 3 nichos e 1 columbario; 1 panteón tipo B con 4 nichos; 2 columbarios; e 4 nichos independentes) por un período de 75 anos. Das concesións adxudicadas, 4 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 12 licitadores aboaron o 50% do canón. Ademais, excluíronse de dito procedemento a 6 licitadores por diversos motivos.

Dende o pasado mes de agosto esta instalación xa está aberta e pode visitarse para ver como quedou despois dos traballos de acondicionamento que se realizaron. Actualmente o cemiterio está aberto todos os días (incluídos sábados, domingos e festivos) de 10:00 a 18:00 horas. Esta semana rematou o proceso de licitación para a concesión de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames, que está situado no lugar de Os Batáns. O goberno municipal abriu dito proceso durante o pasado mes de novembro para que as persoas interesadas presentaran as súas ofertas. En total, presentáronse 22 propostas a dito proceso.

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar este pasado xoves, 15 de febreiro de 2018, as concesións de nichos, tumbas e columbarios do cemiterio municipal de Ames. Deste xeito, adxudicáronse 6 concesións (3 panteóns tipo A de 3 nichos e 1 columbario; 1 columbario; e 2 nichos independentes) por un período de 25 anos e 10 concesións (3 panteóns tipo A de 3 nichos e 1 columbario; 1 panteón tipo B con 4 nichos; 2 columbarios; e 4 nichos independentes) por un período de 75 anos.

Das concesións adxudicadas, 4 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 12 licitadores aboaron o 50% do canón. Estes licitadores quedarán obrigados a aboar o 50% do canon restante antes de que transcorran seis meses a contar dende a notificación desta adxudicación. De non ingresarse o importe restante neste prazo de seis meses, perderase o primeiro ingreso, quedando excluídos do procedemento de licitación. Ademais, excluíronse de dito procedemento a 6 licitadores por diversos motivos.

Traballos de mellora feitos no cemiterio
O cemiterio dos Batáns foi recibido o 29 de xaneiro do 2010, pero por mor dunhas deficiencias observadas polos técnicos municipais e da posterior demanda do Concello, nunca chegou a abrirse ao público. Ao consecuente deterioro provocado pola falta de uso durante estes anos, sumáronse os danos ocasionados polos diversos actos de vandalismo dos que foi obxecto a instalación en varias ocasións. Agora, grazas ás obras realizadas nos últimos meses a través dos fondos do PAI, esta instalación municipal está preparada para poder ser empregada pola veciñanza amesá.

A través das obras realizadas acondicionáronse as instalacións deste cemiterio (excepto tres rúas que quedan pendentes de executar nunha segunda fase). Arranxáronse as rúas do camposanto, os nichos, tumbas, panteóns e columbarios, así como a área de estacionamento. Ademais, acondicionouse a sala velorio, que tamén se pode usar como capela de culto, a sala de autopsias, e realizouse un cambio de luminarias (que dispoñen de lámpadas led), que permite un aforro do 50% da enerxía inicialmente necesaria (pásase de 36.000 vatios a 18.000).

Mellora da vixilancia e horario de apertura
Outro dos cambios significativos é o da mellora da seguridade. Incrementouse a vixilancia da Policía Local sobre estas instalacións e colocáronse cámaras de seguridade que gravan nas zonas exterior e interior do cemiterio. Neste mesmo senso estanse executando obras para pechar o acceso ao recinto cun portal que non deixe entrar vehículos no horario no que está pechado o camposanto. Estas actuacións adoptáronse co obxectivo de que estas instalacións non volven a sufrir actos vandálicos no futuro. Así, estanse investindo 14.942,90 euros na fabricación dun peche metálico; no movemento de terras, traballos de encofrado e cimentación de 42 metros de muro de formigón; e na instalación dun portal de acceso ao recinto.

Ademais, cómpre lembrar que dende o pasado 1 de agosto o cemiterio municipal está aberto á cidadanía. Así, a veciñanza amesá pode ir a velo antes de presentar as súas propostas para a concesión de uso dos nichos, tumbas, panteóns e columbarios. Actualmente o cemiterio está aberto todos os días (incluídos sábados, domingos e festivos) de 10:00 a 18:00 horas.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello de Ames adjudica seis concesiones del nuevo cementerio"