Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local adxudica 9 novas unidades de enterramento no cemiterio municipal de Ames

Sábado, 17 de xaneiro de 2026

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar 9 novas concesións de nichos, tumbas e columbarios do cemiterio municipal de Ames. Deste xeito, adxudicáronse 5 concesións de nicho independente por un período de 25 anos e 4 concesións (3 columbarios e 1 tumba) por un período de 75 anos. Destas concesións adxudicadas, 3 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 6 licitadores aboaron o 50% do canon. En relación a estes últimos, o 50% restante ten que ser ingresado no prazo máximo de 6 meses e, de non ingresarse no prazo indicado, quedarán excluídos da concesión. 

Desde o ano 2023, o cemiterio municipal de Ames está aberto todos os días (incluídos sábados, domingos e festivos) de 10:00 a 18:00 horas. Nas instalacións lévanse a cabo traballos de vixilancia, mantemento e atención ao público, ademais dos servizos de enterramento e velorio. 

Debido a que segue a haber dispoñibilidade de unidades de enterramento no cemiterio, o Concello aprobou o procedemento para unha terceira licitación, mediante procedemento aberto, para a adxudicación do uso privativo das unidades de enterramento dispoñibles no cemiterio municipal de Ames, o pasado mes de febreiro de 2025, nun proceso de convocatorias que comezou no 2017. 

Deste xeito, adxudicáronse 5 concesións de nicho independente por un período de 25 anos e 4 concesións (3 columbarios e 1 tumba) por un período de 75 anos. Das concesións adxudicadas, 3 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 6 licitadores aboaron o 50% do canon. En relación a estes últimos, o 50% restante ten que ser ingresado no prazo máximo de 6 meses e, de non ingresarse no prazo indicado, quedarán excluídos da concesión.

Así, finalízase a convocatoria de solicitude de unidades de enterramento posta en macha no pasado mes de febreiro, mediante un proceso áxil e directo, e que lle permitiu a aqueles/as interesados/as en adquirir algunha das unidades, aproveitar o resultado da adquisición do ano pasado sen ter que ir a un concurso público.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Diversidad también en la muerte: el cementerio municipal de Ames permite enterramientos musulmanes"

Diario de Santiago: "A Xunta de Goberno Local adxudica 9 novas unidades de enterramento no cemiterio municipal de Ames"

 

A Xunta de Goberno Local adxudica 20 novas unidades de enterramento no cemiterio municipal de Ames