Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local adxudica 20 novas unidades de enterramento no cemiterio municipal de Ames

Martes, 09 de xaneiro de 2024

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar 20 novas concesións de nichos, tumbas e columbarios do cemiterio municipal de Ames. Deste xeito, adxudicáronse 7 concesións (1 panteón tipo A de 3 nichos e 1 columbario; 3 columbarios e 3 nichos) por un período de 25 anos e 13 concesións (2 columbarios, 6 nichos e 5 tumbas) por un período de 75 anos. Das concesións adxudicadas, 4 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 16 licitadores aboaron o 50% do canon. En relación a estes últimos, o 50% restante ten que ser ingresado no prazo máximo de 6 meses e, de non ingresarse no prazo indicado, quedarán excluídos da concesión.

Desde o mes de agosto, o cemiterio municipal de Ames está aberto todos os días (incluídos sábados, domingos e festivos) de 10:00 a 18:00 horas. Nas instalacións lévanse a cabo traballos de vixilancia, mantemento e atención ao público, ademais dos servizos de enterramento e velatorio.

Debido a que segue a haber dispoñibilidade de unidades de enterramento no cemiterio, en agosto de 2023, o Concello abriu unha convocatoria de solicitude de unidades de enterramento de forma directa.

Durante o período de presentación de solicitudes de adxudicación directa das unidades de enterramento, que comprendeu dende o día 20 de xullo ao 25 de agosto de 2023, foron presentadas un total de 23 solicitudes. Todas elas foron adxudicadas, excepto dúas, por mor de non estar ao corrente das débedas ca Seguridade Social; e unha terceira, por un erro material na clasificación.

Deste xeito, adxudicáronse 7 concesións (1 panteón tipo A de 3 nichos e 1 columbario; 3 columbarios e 3 nichos) por un período de 25 anos e 13 concesións (2 columbarios, 6 nichos e 5 tumbas) por un período de 75 anos. Das concesións adxudicadas, 4 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 16 licitadores aboaron o 50% do canon. En relación a estes últimos, o 50% restante ten que ser ingresado no prazo máximo de 6 meses e, de non ingresarse no prazo indicado, quedarán excluídos da concesión.

Así, finalízase a convocatoria de solicitude de unidades de enterramento posta en macha no pasado mes de xullo, mediante un proceso áxil e directo, e que lle permitiu a aqueles/as interesados/as en adquirir algunha das unidades, aproveitar o resultado da adquisición do ano pasado sen ter que ir a un concurso público.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "¿Comprar nicho está de moda? A los concellos más jovenes les sobran y en los más rurales se agotan"

 A Xunta de Goberno Local adxudica 20 novas unidades de enterramento no cemiterio municipal de Ames