[30-06-2015] A Aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, contará con novos ordenadores. Está previsto que no mes de xullo a Xunta de Galicia, a través do AMTEGA, renove os equipos informáticos desta aula debido á antigüidade dos computadores e pola actividade que ten a devandita Aula. Os equipos serán ordenadores HP de sobremesa, con 8 GB de RAM, procesador i5, e 64 bits. Estes ordenadores disporán do sistema operativo Windows7 Professional. Ademais, a Aula CeMIT impartirá catro cursos durante o mes de xullo.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da sociedade da información.
Entre o 6 e o 22 de xullo desenvolverase un curso de mecanografía para nenos/as. Nesta actividade os máis pequenos aprenderán a utilizar o teclado de forma correcta. Ademais, visitarán diferentes páxinas web que serán de interese para os rapaces. Este curso levarase a cabo os luns e os mércores en dúas quendas. O primeiro grupo asistirá de 10:00 a 11:00 horas e o segundo de 12:00 a 13:00 horas.
Haberá outros dous obradoiros de mecanografía: un para adultos e outro para as familias. No primeiro curso os adultos aprenderán a escribir correctamente co teclado, mentres que no segundo obradoiro pais/nais e fillos aprenderán de xeito conxunto a colocar ben os dedos para escribir co ordenador, ademais impartiranse varias nocións sobre a seguridade da rede para os máis pequenos. Este cursos impartiranse do 7 ao 23 de xullo todos, os martes e xoves. O obradoiro de adultos será de 09:45 a 10:30 horas, mentes que o curso para as familias desenvolverase de 11:00 a 12:00 horas.
Curso sobre ferramentas web
Por outra banda, desenvolverase un curso sobre as diferentes ferramentas web que existen. Nesta actividade impartiranse diversos recursos web para a organización do traballo, como xestionar o noso calendario, creación de documentos compartidos, etc. Esta actividade forma parte da iniciativa do Banco do Tempo da rede CeMIT, polo que será impartida na aula CeMIT de Ames e retransmitirase noutras aulas CeMIT galegas. Realizarase do 27 ao 30 de xullo de 10:00 a 12:00 horas.
Ademais, cando non se están realizando cursos, a Aula ten servizo de aula aberta no que se pode utilizar o equipamento da aula. O horario é de luns a venres de 16:30 a 20:30 horas e polas mañas de 9:30 a 13:30 horas, sempre que non existan actividades planificadas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Ames sita na Praza de Chavián s/n (Casa da Cultura), chamando o número de teléfono 662371511 a través da páxina web http://cemit.xunta.es ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: cemit.ames@xunta.es
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El aula de informática de Ames estrenará equipos"




